0.- Tipos de avaliacións en Moodle
Requisitos do completado
Explicación
1. Tipos de avaliación
Os instrumentos e os tipos de avaliación poden variar segundo se trate de ensino a distancia (e-learning), ou ensino presencial.
Se usamos un curso virtual para complementar o ensino presencial, ou sexa b-learning, poderemos usar os instrumentos de avaliación que facilita Moodle, algún dos cales achega un potencial didáctico moi alto. A avaliación é un dos temas máis controvertidos na aprendizaxe, especialmente na aprendizaxe por proxectos.
Os intrumentos de avaliación que facilita Moodle para os cursos virtuais son:
- Escolla (consulta) útil para facer unha pregunta ao alumnado, ou para repartir tarefas, crear grupos...
- Comentarios (enquisa) para sondear ao alumnado e analizar as sús respostas cómodamente.
- Proba (cuestionario) para que o alumnado autoavalíe a súa aprendizaxe mediante probas tipo test de corrección automática.
- Paquete SCORM, paquetes de contidos xerados con outras aplicacións diferentes de Moodle, como eXe, que se integran no curso virtual. As preguntas inseridas no paquete SCORM intégranse no curso de Moodle e a súa cualificación aparecerá en "Cualificacións".
- Lección, secuencias de páxinas con contidos e preguntas coas que podemos xerar roteiros distintos segundo sexa a resposta á pregunta do final de cada páxina. A súa finalidade pode ser formativa ou tamén para avaliar.
- Taller, estupendo instrumento que facilita enormemente practicar a avaliación desde a triple perspectiva: auto, co e heteroavaliación.