A avaliación e o rol docente
Requisitos do completado
Ver
2. A retroalimentación (ou feedback)
2.1. Que tipos de retroalimentación hai?
Seguindo a Hattie e Clarke (2019) podemos diferenciar até catro tipos de retroalimentación:
- Feedback sobre o resultado concreto da Tarefa (FT):
cando valoramos un resultado concreto dunha tarefa. É o máis habitual
no ensino ("isto é correcto", "aquí precisas completar", "este cálculo é
incorrecto"...). Proporciona información superficial e concreta ben con
calificacións númericas, símbolos para graduar a resposta como moi boa,
boa, regular, incorrecta (MB, B, R, I...), ou mesmo con rúbricas.
Responde á segunda cuestión (onde estou?) e pode responder a terceira
(que debo de facer?) se incorporamos comentarios ou as respostas
correctas.
- Feedback sobre o proceso para lograr o resultado (FP): a retroalimentación focalízase no proceso para chegar ao resultado correcto. Non se limita a corrixir o erro dun resultado senón que incide nas regras xerais que axuden a evitar erros futuros. Por exemplo, cando un alumno responde e lle respondemos lembrando a xerarquía das operacións, propondo incluso algún outro exemplo para que entenda que o proceso é . Outra aplicación habitual son os erros ortográficos, cando respondemos coa regra que permite axudar a resolver outras situacións semellantes. Este é un dos feedback máis efectivos na medida en que responde directamente á terceira cuestións (que debo de facer agora?).
- Feedback sobre os procesos metacognitivos na tarefa (FM): neste caso centramos a atención sobre os procesos que permiten ao alumnado a aprender, é dicir, todo o relacionado con hábitos e estratexias que lle permitirán planificar, guiar e avaliar a súa propia aprendizaxe.
- Feebdack sobre as cualidades do alumnado fronte á tarefa (FA): mediante esta retroalimentación aludimos ás habilidades do alumnado ou ao esforzo que realizou para completar a tarefa. Ás máis das veces faise de forma implícita na medida en que segundo como interprete o alumnado os outros feedback, especialmente do FT), por exemplo cando asocia unha cualificación nunha tarefa ou proba como un signo do seu nivel de habilidade ou de esforzo.