Saltar navegación

Plan Dixital de Centro

A pandemia do COVID-19 provocou o peche dos centros educativos e o emprego dos recursos online. A nova "normalidade" pon en primeira liña educativa a formación TIC dos docentes, alumnado e familias, xunto coa necesidade dunha organización eficiente e transparente dos recursos tecnolóxicos e virtuais dos centros educativos.

O Plan TIC de centro é unha necesidade que xa estaba na axenda dos centros educativos, pero os novos tempos fano máis urxente e ademáis debe ampliar o seu ámbito de aplicación incluindo ademais dos recursos TIC internos do centro e os recursos virtuais a través dos cales se ensina e comunica co alumnado e familias.

O Intef publica “El Plan Digital de Centro. Un marco para la integración de las tecnologías” onde se establece un exemplo para todos aqueles centros que queiran abordar esta necesidade.

No curso 2021-2022 a Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional publica unha instrución para a elaboración do Plan Dixital de Centro. Asi mesmo crease a Rede Galega de Educación Dixital.

Toda a información sobre os Plan Dixital de Centro atopádela neste documento esquemátizado e resumido.

A maiores deixovos aquí a presentación feita antes da pandemia coa fin de axudar a un cenro a elaborar o seu Plan TIC. Penso que pode servir de guía para completar o PDC. (presentación HTML que se pode pasar facendo clic co rato)  Plan TIC