As infografías constitúen un recurso educativo ideal para utilizar nas clases, xa que axudan a explicar de maneira sinxela e visual os contidos máis complexos. Son unha combinación de imaxes sintéticas, explicativas e doadas de entender e textos co fin de comunicar información de maneira visual para facilitar a súa transmisión. Ademais das ilustracións, podemos axudar máis ao lector a través de gráficos que poidan entenderse e interpretarse instantaneamente.
Algunhas ferramentas para realizar infografías:
Piktochart. En liña e aplicación para iOS e Android
É unha plataforma en liña de elaboración de actividades educativas multimedia que nos permite crear mapas interactivos, adiviñas, crucigramas, diálogos, ditados, ordenar palabras. Por se fose pouco permítenos engadilas no noso sitio web ou exportalas en diversos formatos.
As aplicacións Forms, Socrative e Kahhot! permiten realizar cuestionarios en tempo real con diverso material visual, tipoloxías de preguntas e unha rápida agregación e visualización de resultados.
SOCRATIVE é un programa que nos permite realizar test de tipo pregunta-resposta/s. A aplicación é moi sinxela e intuitiva e leva uns segundos para iniciar sesión. Ademais, permítenos a utilización de todo tipo de dispositivos, mesmo simultaneamente, ben sexan tablets Android e iOS, smartphones ou computadores.
A premisa de KAHOOT é similar á de Socrative. Podes crear unha proba ou enquisa para que os teus estudantes respondan a través de calquera dispositivo que teña unha navegador web (iPad, dispositivo Android, Chromebook). As súas preguntas en Kahoot poden incluír fotos e vídeos, a inclusión de vídeos é a novidade máis destacadas con respecto a Socrative.
FORMS ferramenta en liña de Google para realizar cuestionario tipo test.
Ponte a proba. Cuestionario Competencias Digitales Docentes.