Section outline

    • Realidade Aumentada. HP Reveal e Sketchfab

      A realidade aumentada -RA- é un termo usado para definir a visión dunha contorna física do mundo real a través dun dispositivo tecnolóxico, esta visión incorpora información virtual á información física xa existente. HP Reveal é unha ferramenta que grazas á súa facilidade de uso fai accesible a todos/as os usuarios/as a experiencia da realidade aumentada. Doutro lado, Sketchfab é un repositorio de recusos desta tipoloxía para facer uso deles.

    • Presentacións interactivas

      Entendemos por presentación interactiva a combinación de distintas fontes -vídeos, ligazóns a fontes dixitais, audios, imaxes, ventás emerxentes...- axustados a un contido e organizados de forma coherente nunha plataforma na rede coa posibilidade de comunicación dixital. Un exemplo.

      Algunhas ferramentas para esta tipolóxia de actividades:

    • Narracións dixitais

      Con elas crearas historias apoiadas no uso das TIC, consisten en combinar narrativas e contido dixital, incluíndo imaxes, son e vídeo, co obxecto de crear unha película curta ou unha narración visual de feitos, nos que usualmente o forte contido emocional e orixinalidade compositiva son os trazos básicos deste tipo de proposta comunicativa.

      Algunhas ferramentas para a realización de esta tipoloxía de actividades:

      • Explain Everything. Só aplicación para sistema operativo IOS 
      • Book Creator. Aplicación para sistema operativo IOS e Android 
      • Comics Head. En liña e aplicación para sistema operativo IOS e Android 
      • Toontastic. En liña e aplicación para sistema operativo IOS e Android