Section outline

  • Histórico das Xornadas de electricidade e electrónica
    Preme nas imaxes para acceder ás WEB dos anos anteriores, nas que podes descargar os materiais e fotos das mesmas.

    Xornadas 2015
    Xornadas 2014 en Cambados Xornadas 2013 en Pontevedra
    Xornadas 2012 en Coruña Xornadas 2011 en Santiago Xornadas 2010 en Vigo

    As xornadas de electricidade e electrónica veñen celebrándose ininterrompidamente a segunda semana de setembro dende o ano 2010. Son sempre un punto de encontro entre todo o profesorado de electricidade e electrónica de Galicia que durante dous días xuntámonos para ver aquelas experiencias máis salientables que compañeiros nosos fan nas aulas, as novidades técnicas e tecnolóxicas que se producen; pero sobre todo para compartir entre nos as nosas experiencias docentes do día a día.

    Tratamos de chegar a todo o profesorado da familia profesional e ao mesmo tempo por en valor e coñecer os nosos centros; razón pola cal vamos rotando a súa sede por centros que imparten electricidade ou electrónica en Galicia, buscando unha localización o máis accesible posible.