Section outline

  • APEEGA

    No mes de Setembro de 2011 un grupo numeroso de profesores da familia de electricidade e electrónica, reunidos no CIFP Politécnico de Santiago, decidimos constituír unha Asociación profesional cuns fins, según rezan os estatutos aprobados nesa reunión son:


    a. Promover a extensión do coñecemento da electricidade e electrónica no eido educativo.


    b. Relacionar o eido educativo co industrial no campo da electricidade e electrónica.


    c. Establecer canles de comunicación entre os asociados para compartir problemáticas, experiencias, documentación, etc., sobre a actividade docente.


    d. Propoñer ou organizar actividades relacionadas coa electricidade e/ou electrónica, tales coma cursos, congresos, seminarios, encontros, etc.


    e. Difundir e publicar es soporte impreso ou dixital contidos relacionados coa familia de electricidade e electrónica ou coa propia asociación.


    f. Actuar como interlocutor dos asociados antes as distintas administración.


    É decir, unha asociación cuxa finalidade e a da posta en común todo aquilo que poida servir para mellorar a nosa profesión e a actividade diaria nas aulas


    Durante este tempo estivemos desenvolvendo a actividade, centrándonos fundamentalmente en dous aspectos:


    - Colaboración na celebración das xornadas anuais de electricidade- electrónica (vamos póla 6ª edición). Foro que conta cunha gran aceptación entre o profesorado da familia como punto de encontro e para compartir experiencias didácticas e/ou profesionais, así como para que as empresas do sector mostren as súas novidades. Entendemos que estas xornadas constitúen unha peza moi importante na renovación didáctica e profesional.


    - Información actualizada aos asociados coas novidades lexislativas, profesionais... e de todo tipo que afectan o profesorado da familia no seu traballo diario.


    Nestes momentos estamos en APEEGA 171 profesores/as asociados, e a directiva de APEEGA está formada por

    Euloxio Santos Leites

    IES Politécnico de Vigo

    Sistemas electrotécnicos e automáticos

    Manuel Martinez Mendez

    IES Escolas Proval

    Sistemas electrónicos

    Ramón Rey

    CIFP Politécnico de Santiago

    Equipos electrónicos

    Rosa Martín

    IES de Celanova

    Instalacións electrotécnicas


    Para dirixirte a nosa asociación podes facelo a través do correo electrónico: apeega@gmail.com, ou ben visitando a nosa WEB: https://apeega.wordpress.com/