
Esta actividade está deseñada para o profesorado de linguas maternas e linguas extranxeiras que desea iniciarse no uso da intelixencia artificial para mellorar a súa práctica docente.
Obectivos:
- Seleccionar, crear, modificar, protexer e difundir recursos dixitais para a docencia de linguas.
- Adquirir estratexias de avaliación, planificación e retroalimentación e familiarizarse cos principios da aprendizaxe colaborativa e autorregulada de linguas.
- Promover a accesibilidade e a inclusión na aula de linguas a través da capacitación dixital e da personalización.
Contidos:
- Mellora (substitución e aumento) e transformación (modificación e redefinición) dos recursos dixitais.
- Ferramentas para mellorar a habilidade comunicativa.
- Ferramentas institucionais.
- Dixitalización do deseño e avaliación de unidades didácticas.
- Profesor/a: Susana Aldao
- Profesor/a: Ana Velo Barreiro

Esta actividade está deseñada para preparar a solicitude de acreditación Erasmus+ individual para centros do sector de educación escolar, cuxo prazo de entrega remata o 1 de outubro de 2025.
Obxectivos:
1.Coñecer a estrutura, accións e prioridades do Programa Erasmus+ e do proceso de acreditación plurianual de centros educativos.
2.Adquirir estratexias para a planificación e redacción da solicitude de acreditación Erasmus+ para centros educativos.
3.Promover o desenvolvemento dun plan de internacionalización nos centros educativos.
Contidos:
1. Programa Erasmus+ 2021-2027: accións e prioridades.
2. Procedemento de diagnóstico e detección de necesidades no contexto da internacionalización.
3. Plan de Internacionalización de centro.
3.1. Equipo de internacionalización e atribución de responsabilidades.
3.2. Obxectivos.
3.3. Avaliación, seguimento e difusión.
4. Criterios de elixibilidade de solicitudes.
- Profesor/a: María Fernández Ferro
- Profesor/a: Lucía Penabad Otero
- Profesor/a: Ana Velo Barreiro
- Profesor/a: Ana Rosa Vidal Domínguez