Opcións de matriculación

Esta actividade está deseñada para preparar a solicitude de acreditación Erasmus+ individual para centros do sector de educación escolar, cuxo prazo de entrega remata o 1 de outubro de 2025.
Obxectivos:
1.Coñecer a estrutura, accións e prioridades do Programa Erasmus+ e do proceso de acreditación plurianual de centros educativos.
2.Adquirir estratexias para a planificación e redacción da solicitude de acreditación Erasmus+ para centros educativos.
3.Promover o desenvolvemento dun plan de internacionalización nos centros educativos.
Contidos:
1. Programa Erasmus+ 2021-2027: accións e prioridades.
2. Procedemento de diagnóstico e detección de necesidades no contexto da internacionalización.
3. Plan de Internacionalización de centro.
3.1. Equipo de internacionalización e atribución de responsabilidades.
3.2. Obxectivos.
3.3. Avaliación, seguimento e difusión.
4. Criterios de elixibilidade de solicitudes.
- Profesor/a: María Fernández Ferro
- Profesor/a: Lucía Penabad Otero
- Profesor/a: Ana Velo Barreiro
- Profesor/a: Ana Rosa Vidal Domínguez