Section outline
-
CURSO O1301032: Curso de galego para profesorado en prácticas
Obxectivos:
- Mellorar a competencia lingüística en galego para o ensino das distintas áreas curriculares.
- Mellorar o coñecemento sociolingüístico da Galicia e as súas aplicacións prácticas no ensino.
- Ter consciencia das implicacións sociais das linguas en contacto, coñecer a problemática do galego e coñecer os recursos.
- Sociolingüística
- A potenciación do multilingüismo en contextos de contacto de linguas. O papel do ensino.
- Aproximación á situación sociolingüiística galega, en especial da comunidade educativa.
- Os prexuízos lingüísticos como impedimentos normalizadores fronte ás actitudes positivas cara á lingua. Papel que debe desempeñar o persoal docente.
- A planificación lingüística en Galicia. Decreto do uso do galego e proxecto lingüístico de cada centro.
- Formación lingüística nas áreas curriculares
- Habilidades comunicativas en galego para poder cumprir coas esixencias do novo decreto de normalización e cos novos curriculos da LOE.
- A cualificación lingüística actualizada nas distintas áreas. Estratexias, terminoloxía, recursos, materiais, etc.
- Actualización das normas ortográficas do 2003.
- Bibliografía.
Noemi Ávarez Villar
Coordinadora:
Carmen Calleja Lameiras (Asesora de formación)
- Mellorar a competencia lingüística en galego para o ensino das distintas áreas curriculares.
-
SESIÓN 1.- VENRES, 18 de OUTUBRO de 2013 Presentación do curso. O plurilingüismo en contextos de contacto de linguas. O papel do ensino.
-
SESIÓN 2 .- SÁBADO, 19 de OUTUBRO de 2013 Os prexuízos lingüísticos como impedimento normalizador fronte ás actitudes positivas cara á lingua.
-
SESIÓN 3 LUNS, 28 de OUTUBRO de 2013 A planificación lingüística en Galicia Decreto do uso do galego e proxecto lingüístico de centro. As linguas estranxeiras no sistema educativo.
-
SESIÓN 4.- VENRES, 8 de NOVEMBRO de 2013
Habilidades comunicativas en galego para poder cumprir coas esixencias do novo decreto de normalización e cos novos currículos da LOE. -
SESIÓN 5.- VENRES 25 de NOVEMBRO de 2013 A cualificación lingüística nas distintas áreas. Estratexias, terminoloxía, materiais. Recursos en rede. Entrega do comentario feito sobre o artigo de lectura obrigada
-
SESIÓN 6.- LUNS, 18 de NOVEMBRO de 2013 A revisión do 2003 das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Avaliación do curso.