Section outline

  • CURSO O1301032: Curso de galego para profesorado en prácticas

    Obxectivos:
    1. Mellorar a competencia lingüística en galego para o ensino das distintas áreas curriculares.
    2. Mellorar o coñecemento sociolingüístico da Galicia e as súas aplicacións prácticas no ensino.
    3. Ter consciencia das implicacións sociais das linguas en contacto, coñecer a problemática do galego e coñecer os recursos.
    Contidos:
    1. Sociolingüística
      1. A potenciación do multilingüismo en contextos de contacto de linguas. O papel do ensino.
      2. Aproximación á situación sociolingüiística galega, en especial da comunidade educativa.
      3. Os prexuízos lingüísticos como impedimentos normalizadores fronte ás actitudes positivas cara á lingua. Papel que debe desempeñar o persoal docente.
      4. A planificación lingüística en Galicia. Decreto do uso do galego e proxecto lingüístico de cada centro.
    2. Formación lingüística nas áreas curriculares
      1. Habilidades comunicativas en galego para poder cumprir coas esixencias do novo decreto de normalización e cos novos curriculos da LOE.
      2. A cualificación lingüística actualizada nas distintas áreas. Estratexias, terminoloxía, recursos, materiais, etc.
      3. Actualización das normas ortográficas do 2003.
      4. Bibliografía.


         
      Relatores:
      Noemi Ávarez Villar


      Coordinadora:
      Carmen Calleja Lameiras (Asesora de formación)