Section outline
-
O1202004 I Encontro de Bibliotecas Escolares.
-
A sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo) acolleu o primeiro Encontro de Bibliotecas Escolares. Unha xornada de intercambio de experiencias entre profesionais de Galicia e Norte de Portugal, que tivo por obxecto dar a coñecer experiencias de calidade en relación coa dinamización da biblioteca escolar, difundir modelos ou estratexias de interese relacionadas coa alfabetización informacional, fomento da lectura desde a biblioteca escolar e a procura de estratexias para a integración dos recursos da biblioteca escolar nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
A devandita xornada aséntase nos seguintes contidos: experiencias innovadoras na dinamización da biblioteca escolar, modelos e estratexias eficaces: prácticas de excelencia en alfabetización informacional e fomento da lectura, a biblioteca escolar e a integración natural das TIC no uso, tratamento e creación de información. As redes sociais ao servizo da biblioteca escolar e experiencias de calidade no aproveitamento dos recursos da biblioteca escolar para o tratamento dos contidos curriculares. -
"Avós e avoas" . Francisco Guede . CEIP Amaro Refojo . Verín
-
"Bibliotecas emocionalmente activas" Lorena Barandela . CEIP Joaquín Lourenzo Xocas . Bande
-
"Ler mais para conhecer mais" Sameiro Costa e Filomena Freitas. (AE Dr. Júlio Martins- Chaves
-
"Ler...comunicar...integrar..." Isilda Magre Rodrigues, Joaquina Tomé, e Maria do Carmo Amaral (AE Joâo de Araújo Correia- Peso de Régua)
-
Cristina Novoa, Asesora de Bibliotecas Escolares . Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
-
Maritza Dias, Coordinadora Interconcelhia de Bibliotecas Escolares, Rede Bibliotecas Escolares de Portugal
-
"Unhas nais de conto" Xoaquín Freijeiro . CEIP Condesa de FENOSA . O Barco de Valdeorras
-
"A biblioteca: o inicio dunha nova andaina". Luz Brañas . CEIP Manuel Sieiro. Crecente
-
"Inovar a ler". Anabela Quelhas, María Manuel Carvalhais e Pedro Hortas (AE Morgado de Mateus - Vila Real)
-
"Biblioteca Escolar - Um poder para a vida!".José António Batista (Escola Profissional de Agricultura e Desenvolvimento Rural de Carvalhais - Mirandela)