Section outline

  • A sede da Eurocidade Chaves-Verín (antiga aduana de Feces de Abaixo) acolleu o primeiro Encontro de Bibliotecas Escolares. Unha xornada de intercambio de experiencias entre profesionais de Galicia e Norte de Portugal, que tivo por obxecto dar a coñecer experiencias de calidade en relación coa dinamización da biblioteca escolar, difundir modelos ou estratexias de interese relacionadas coa alfabetización informacional, fomento da lectura desde a biblioteca escolar e a procura de estratexias para a integración dos recursos da biblioteca escolar nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

    A devandita xornada aséntase nos seguintes contidos: experiencias innovadoras na dinamización da biblioteca escolar, modelos e estratexias eficaces: prácticas de excelencia en alfabetización informacional e fomento da lectura, a biblioteca escolar e a integración natural das TIC no uso, tratamento e creación de información. As redes sociais ao servizo da biblioteca escolar e experiencias de calidade no aproveitamento dos recursos da biblioteca escolar para o tratamento dos contidos curriculares.