Section outline
-
Xustificación
Para a atención a este alumnado cada centro, conta, ademais de co profesorado titor ou especialista en diferentes áreas, con profesionais especialistas en Educación Especial e nalgúns casos cunha intérprete de Lingua de Signos que resulta a todas luces insuficiente para a atención de todos os casos. Para dar a mellor resposta educativa a alumnado tan heteroxéneo, xurde a idea de formar un grupo de traballo formado mestras e mestres que teñen integrados nos seus centros a alumnado con discapacidade auditiva, coa finalidade de preparar materiais que se adecuen ás súas características persoais.
Obxectivos
1. Mellorar a atención do alumnado con discapacidade auditiva integrado nos distintos centros educativos participantes.
2. Adaptar algúns materiais educativos para que resulten accesibles a alumnado concreto.
3. Realizar materiais que sirvan de base e/ou apoio ao alumnado que atendemos para favorecer o acceso ao curriculum e mellorar a súa autonomía persoal.
Contidos
1.Recopilación de información teórica sobre discapacidade auditiva: Conceptos básicos. Materiais específicos. Lingua de Signos Española. TIC. Autonomía persoal.
2.Adaptación de materiais: Adaptaranse materiais de diferentes áreas educativas sobre todo para alumnado de todos os cursos de Educación Infantil e Primaria.
3.Elaboración de materiais:
4. Materiais elaborados en soporte dixital e formato vídeo.
5.Materiais elaborados en soporte físico para poder ser manipulado.
6. Materiais elaborados con diversas texturas.
7.Materiais elaborados para traballo en diferentes áreas curriculares.
8.Materiais TIC.
Centro sede
Nome: CEIP Plurilingüe Irmáns VillarEnderezo: Rúa R/ PEÑA TREVINCA 41Localidade: OurenseConcello: OurenseEnderezo electrónico: ceip.irmans.villar@edu.xunta.esCód. postal: 32005Teléfono: 988788585RelatoraFERNÁNDEZ ÁLVAREZ, CAROLINAAsesor responsable da actividade
Asesor: CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN
Enderezo Electrónico: ccallejalameiras@edu.xunta.es