Section outline

  • Xustificación

    Para a atención a este alumnado cada centro, conta, ademais de co profesorado titor ou especialista en diferentes áreas, con profesionais especialistas en Educación Especial e nalgúns casos cunha intérprete de Lingua de Signos que resulta a todas luces insuficiente para a atención de todos os casos. Para dar a mellor resposta educativa a alumnado tan heteroxéneo, xurde a idea de formar un grupo de traballo formado mestras e mestres que teñen integrados nos seus centros a alumnado con discapacidade auditiva, coa finalidade de preparar materiais que se adecuen ás súas características persoais.

     

    Obxectivos

    1.  Mellorar a atención do alumnado con discapacidade auditiva integrado nos distintos centros educativos participantes.

    2.  Adaptar algúns materiais educativos para que resulten accesibles a alumnado concreto.

    3.  Realizar materiais que sirvan de base e/ou apoio ao alumnado que atendemos para favorecer o acceso ao curriculum e mellorar a súa autonomía persoal.

    Contidos

    1.Recopilación de información teórica sobre discapacidade auditiva: Conceptos básicos. Materiais específicos. Lingua de Signos Española. TIC. Autonomía persoal.

    2.Adaptación de materiais: Adaptaranse materiais de diferentes áreas educativas sobre todo para alumnado de todos os cursos de Educación Infantil e Primaria.

    3.Elaboración de materiais:

    4. Materiais elaborados en soporte dixital e formato vídeo.

    5.Materiais elaborados en soporte físico para poder ser manipulado.

    6. Materiais elaborados con diversas texturas.

    7.Materiais elaborados para traballo en diferentes áreas curriculares.

    8.Materiais TIC.

    Centro sede

    Nome: CEIP Plurilingüe Irmáns Villar
    Enderezo:  Rúa R/ PEÑA TREVINCA 41
    Localidade: Ourense
    Concello: Ourense
    Enderezo electrónico: ceip.irmans.villar@edu.xunta.es
     
    Cód. postal: 32005
    Teléfono: 988788585
    Relatora
    FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, CAROLINA

    Asesor responsable da actividade

    Asesor:  CALLEJA LAMEIRAS, CARMEN

    Enderezo Electrónico:  ccallejalameiras@edu.xunta.es