Fai que o parpadeo vaia modificando a súa duración con cada parpadeo, de xeito que ao principio o tempo de encendido e apagado sexa moi pequeno e ao cabo dun rato sexa de 2 segundos. Unha vez acadados os 2 segundos volverá a comezar con tempos moi pequenos.
Fai que nunha barra de leds conectada a saídas dixitais da placa Arduino se encendan os leds un tras outro, comenzando sempre polo mesmo lado (por exemplo, sempre do 4 ao 13).
Fai que os leds se encendan primeiro nun sentido e despois no outro (por exemplo, do 4 ao 13 e do 13 ao 4). Hai dúas posibilidades, que o último led se repita ou non antes de comezar o encendido no senso contrario.
Fai que os leds encendan dun en un de tal xeito que o tempo de encendido dos mesmos vaia aumentando en 100 ms a partires dun valor mínimo que será de 200 ms. Ao chegar ao último led voltarase ao primeiro co tempo de encendido inicial de 200 ms.
Crea un programa empregando Visualino no que consigas que 10 leds conectados a saídas dixitais da placa Arduino vaian acendendo un tras outro. O sentido de acendido será do primeiro ao último e do último ao primeiro (non se poderá repetir o acendido de ningún dos leds extremos) e o tempo de acendido irá incrementándose en 50 ms de led a led. Ao rematar cada volta o primeiro led encenderase 100 ms, volvendo a incrementarse o tempo a cada led que pasa. A secuencia deberá de repetirse indefinidamente.
Fai que os leds encendan dun en un de tal xeito que o tempo de encendido dos memos vaia aumentando entre un valor mínimo de 50 ms ata un valor máximo de 400 ms. Unha vez acadado ese valor máximo os leds voltarán a encenderse co valor mínimo, comenzando de novo a secuencia de tempos.
Engade ao circuito dos leds un potenciómetro de tal forma que con él poidamos regular o intervalo de tempo que pasa entre o encendido de cada led. Evita que o valor da intermitencia baixe de 100 ms e suba por riba de 1 segundo.
Simular as luces dun coche de policía con distintos tipos de escintileos.
Neste caso concreto teremos 4 secuencias de escintileos simuladas con dous leds (vermello e azul) conectados aos pins 12 e 13 os cales configuraremos como saidas dixitais.
Crea un programa que faga que no monitor de Visualino se mostre o valor que se recibe na entrada analóxica 3 dende a patilla central dun potenciómetro.
Crea un programa que faga que un potenciómetro conectado a entrada analóxica 3 da placa Arduino controle a luminosidade dun led conectado a unha das saídas dixitais.
Utilizaremos como entrada de datos o pin analóxico A1 o cal estará conectador a un divisor de tensión formado por unha resistencia de 4k7Ω e un potenciómetro de 100KΩ.
A lectura realizaremola polo monitor serie no cal amosarásenos o valor real medido pola entrada analóxica A1 e o valor convertido a Volts reais que mediría cualquer voltímetro.
Crea un programa no que consigas que un zumbador conectado ao pin 8 soe cunha nota (a que che pareza, no exemplo eliximos “mi”) durante determinado tempo.