Section outline

    • Simular as luces dun coche de policía con distintos tipos de escintileos.

      Neste caso concreto teremos 4 secuencias de escintileos simuladas con dous leds (vermello e azul) conectados aos pins 12 e 13 os cales configuraremos como saidas dixitais.

    • Crea un programa que faga que no monitor de Visualino se mostre o valor que se recibe na entrada analóxica 3 dende a patilla central dun potenciómetro.

    • Crea un programa que faga que un potenciómetro conectado a entrada analóxica 3 da placa Arduino controle a luminosidade dun led conectado a unha das saídas dixitais.

    • Simular un voltímetro.

      Utilizaremos como entrada de datos o pin analóxico A1 o cal estará conectador a un divisor de tensión  formado por unha resistencia de 4k7Ω e un potenciómetro de 100KΩ.

      A lectura realizaremola polo monitor  serie no cal amosarásenos o valor real medido pola entrada analóxica A1 e o valor convertido a Volts reais que mediría cualquer voltímetro.

    • Crea un programa no que consigas que un zumbador conectado ao pin 8 soe cunha nota (a que che pareza, no exemplo eliximos “mi”) durante determinado tempo.

    • Crea un programa no que consigas que un zumbador conectado ao pin 8 soe coma si fose unha ambulancia.