
Creación de recursos dixitais con intelixencia artificial
Forma de participación: Presencial
Modalidade: Curso
Competencias
Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe - Básico
Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - A2
CFR, lugar, temporalización e prazas
Referencia: O2601014
Centro de formación e recursos: Ourense
Temporalización: 01/10/2026 - 22/10/2026 Data límite de inscrición: 11/09/2026
Lugar: Ourense
Prazas: 30
Horas totais
Indicadores de competencias
Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe - Básico - Identifica as barreiras de accesibilidade e comprende o valor estético dos espazos, recursos e materiais e o seu potencial educativo
Competencia didáctica - Espazos, recursos e materiais de aprendizaxe - Básico - Identifica o papel que desempeñan a organización espacial e a selección de recursos e materiais no desenvolvemento de diferentes propostas metodolóxicas no contexto do seu centro educativo
Competencia dixital docente - 2. Contidos dixitais - A2 - 2.2.A.2.3. Utiliza, de forma tutelada, as ferramentas de autor/a proporcionadas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro para a creación de contidos dixitais, ou aquelas que xeren formatos compatibles coas plataformas autorizadas no centro.
Obxectivos
1.Empregar de xeito ético e responsable a intelixencia artificial no proceso de ensino-aprendizaxe.
2.Explorar estratexias para a comunicación eficaz coas interfaces das ferramentas de intelixencia artificial de creación de contidos.
3.Identificar en cada caso as ferramentas de intelixencia artificial máis acaídas para a realización de recursos para o proceso de ensino-aprendizaxe.
Contidos
1.Uso seguro e responsable da intelixencia artificial na xeración de recursos dixitais: nesgos, propiedade intelectual e protección de datos.
2.Redacción de prompts para tarefas xerais e para funcionalidades específicas.
3.Contidos educativos textuais, de imaxe e audiovisuais con intelixencia artificial.
4.Actividades interactivas con intelixencia artificial.
| Día | Horas | Duración | Observacións |
|---|---|---|---|
| 01/10/2026 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas | |
| 08/10/2026 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas | |
| 15/10/2026 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas | |
| 19/10/2026 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas | Sesión NON PRESENCIAL |
| 22/10/2026 | 16:30 - 19:30 | 3.0 horas |
| DNI | Nome relator | Nome relatorio | Nº Horas |
|---|---|---|---|
| 76727133F | MOSQUERA GONZÁLEZ, JULIO | Creación de recursos dixitais con intelixencia artificial | 12 |
Asesor responsable da actividade
Asesor: Conde Loureiro, Antonio
Enderezo Electrónico: antonio.conde@edu.xunta.gal
- Profesor: Julio Mosquera González

Obxectivos
1.Familiarizar o profesorado co funcionamento do Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) do proxecto E-Dixgal e coñecer as súas posibilidades para o desenvolvemento da avaliación formativa no proceso de ensino-aprendizaxe.
2.Publicar recursos e actividades, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial, aplicando criterios didácticos (adecuación á idade do alumnado e á consecución dos obxectivos, accesibilidade, etc).
3.Coñecer as posibilidades do EVA para lle prestar apoio ao alumnado en situacións de ensino-aprendizaxe, incluíndo o establecemento de comunicación de xeito efectivo e seguro.
Contidos
1.O Espazo Virtual de Aprendizaxe (EVA) E-Dixgal. Funcionalidades xerais nas modalidades na online e offline.
2.Incorporación de contidos externos e propios nunha materia E-Dixgal.
3.Recursos.
4.Avaliación no EVA.

O2601008 Aproveitamento didáctico dos paneis dixitais interactivos
Obxectivos
1.Familiarizarse coas funcionalidades básicas e as ferramentas do panel dixital, contemplando as opcións de accesibilidade para o alumnado.
2.Empregar o panel dixital interactivo como un recurso didáctico integrado no proceso de ensino-aprendizaxe.
3.Coñecer estratexias para a creación e presentación de contidos educativos tendo en conta as necesidades de aprendizaxe do alumnado.
Contidos
1.Introdución ao panel dixital. Ferramentas e opcións de accesibilidade.
2.Software para a creación de contidos educativos.
3.Metodoloxías e estratexias para o uso do panel dixital na aula.
4.Planificación e deseño de actividades empregando o panel dixital como recurso.
- Manager: Antonio Conde Loureiro
- Profesor: Ignacio Amando Salgado Alvarez