Opcións de matriculación

O2601008 Aproveitamento didáctico dos paneis dixitais interactivos
Horas presenciais: 10
Obxectivos
1.Familiarizarse coas funcionalidades básicas e as ferramentas do panel dixital, contemplando as opcións de accesibilidade para o alumnado.
2.Empregar o panel dixital interactivo como un recurso didáctico integrado no proceso de ensino-aprendizaxe.
3.Coñecer estratexias para a creación e presentación de contidos educativos tendo en conta as necesidades de aprendizaxe do alumnado.
Contidos
1.Introdución ao panel dixital. Ferramentas e opcións de accesibilidade.
2.Software para a creación de contidos educativos.
3.Metodoloxías e estratexias para o uso do panel dixital na aula.
4.Planificación e deseño de actividades empregando o panel dixital como recurso.
- Manager: Antonio Conde Loureiro
- Profesor: Ignacio Amando Salgado Alvarez