Saltar navegación

Recursos de contidos

A  meirande parte dos recursos adicados a presentar os contidos das Unidades Didácticas e información adicional, teñen as opcións de configuración explicadas anteriormente. No obstante, algúns deles teñer unha configuración máis personalizada que vemos a continuación.

  • Contido de paquete IMS: este tipo de paquete de contido permite incorporar non só texto, senón tamén pequenos cuestionarios, recursos multimedia, incluso, insertar sitios web completos no propio paquete, como se ve no "Exemplo de sitio web embebido". No obstante, non é compatible con móviles ou tablets, polo que se opta por outro formato (sitio web). A configuración é a mesma que para un ficheiro calquera:
    Paquete IMS
    Licenza: Dominio público

Enténdese que haberá que usar unha aplicación, como por exemplo exeLearning, que nos permita editar e exportar os nosos contidos ao formato Estándar educativo/Paquete de contido IMS. É mellor o formato sitio web xa que é compatib

  • URL: permite engadir un enlace a unha páxina web. Ten menos opcións de configuración que os ficheiros e paquetes de contidos, e a maiores un par de campos onde se inclúe a URL da páxina e algún outro parametro.
URL con parámetros
Licenza: Dominio público
  • Páxina: este recurso permite crear unha páxina web empregando un editor de texto web, con contidos tales como texto plano, imaxes, audio, video, código incrustado ou unha combinación de éstos. A súa configuración é igual ao ficheriro ou o paquete IMS, excepto que no cadro de contido onde se van introducir directamente os contidos que vai presentar a páxina.
Recurso páxina
Licenza: Dominio público
  • Libro: é un conxunto de páxinas creadas có editor de textos web de moodle coas seguintes características:
    • Proporciona un bloque "Táboa de contidos" que permite visualizar e modificar cada páxina engadida ao libro.
    • A execución do libro bloquea a pantalla ata que se remata a visualización do mesmo.
    • Poden importarse e exportarse libros ao formato paquete IMS.
    • Ten opcións de impresión cun resultado razonable.
Libro crear
Licenza: Dominio público
Libro xestionar
Licenza: Dominio público