Invitación sesión de formación

Invitación sesión de formación

por Sonia González Varela -
Número de respostas: 0

Boas tardes;

Achego invitación para aos membros do seminario:

Dentro do Plan de Formación do Profesorado do IES Muralla Romana, o grupo de traballo “Desenvolvemento do talento e altas capacidades” levará a cabo mañá xoves 4 unha sesión de formación coa relatora Míriam Fernández do equipo de Latento Altas Capacidades. 
Será a través de Webex de 16.30 a 18.30 e trataranse os seguintes contidos:

1. Mitos, estereotipos e modelos teóricos de referencia no ámbito das altas capacidades.
2. Casuísticas, características e perfiles claves no alumnado con altas capacidades.
3. A atención do alumnado con AC no marco aula: modelos de referencia para artellar as medidas educativas que precisan.

Os participantes do seminario Incluíndonos na ecuación do cambio interesados están convidados a participar como oíntes. Para recibir o enlace da videoconferencia contactade coa coordinadora Sonia González Varela no correo soniagvarela@gmail.com.

Un saúdo, 
Sonia 

Prof. Sonia González Varela
Profesora del cuerpo de Educación Secundaria da Xunta de Galicia. Especialidade Debuxo. 
Coordinadora formación profesorado “Incluíndonos na ecuación do cambio. Emprender cara a educación do futuro” e “Desenvolvemento do talento e altas capacidades”, Centro de Formación y Recursos del Profesorado.