Boas a todas
Son Benjamín Sande, profesor de matemáticas. Este ano imparto 1º, 3º e 4º da ESO, así coma o módulo de ciencias aplicadas I en 1º de INFOFI, (FP básica). Neste módulo, ademais de matemáticas dou a parte de ciencias. Este é o 5º ano que dou clases. Anteriormente estiven en Vigo, Coruña e no IES veciño (Ánxel Fole).
Presenteime como inquedo, porque sinto que non estou satisfeito en canto á miña docencia e sinto a necesidade de formarme e levar a cabo cambios. Gustaríame ser mais innovador e emprender colaboracións fora e dentro do departamento. Por desgracia ainda estou esperando o meu destino definitivo e penso que para levar a cabo proxectos plurianuais ou ambiciosos, é importante contar con certa estabilidade. Deste xeito plantexalos como proceso de mellora continua. Non obstante confío en aproveitar este curso e a ocasión de establecer conexións co resto de participantes.
Estudiei Enxeñaría de Montes en Lugo, polo que teño afinidade con materias coma bioloxía e debuxo técnico. Gustame a xeometría particularmente. Todo o que sexa de visión espacial, puzzles, arquitectura, deseño, ... estou tentando aprender algo de papiroflexia e gustaríame aplicalo na aula. Estudie o master de profesorado na UNED polo que estou familiarizado con entornos virtuais de aprendizaxe. A experiencia non foi grata, pero deume perspectiva sobre como debería ser un entorno virtual.
O meu nivel de TIC, penso que é medio. Penso que non chego a empregar opcións avanzadas. Non precisarei axuda, pero polo que teño visto nas presentación, tampouco ninguén vai precisar a miña. Pero por suposto aquí estou disposto a todo.
Teño problemas co tempo. Teño un neno pequeno de 14 meses e a miña muller ademais de traballar está preparando unhas oposicións, polo que non teño moito. Tentarei adicarlle venres e domingos pola tarde sobretodo. Outros días, teño certa posibilidade, pero preciso programarme.
Un saudo