Boa tarde.
Chámome María Palmeiro. Preséntome como
cooperativa porque penso que o traballo cooperativo e colaborativo é unha base
fundamental tanto para o alumnado coma para o profesorado para acadar un ensino-aprendizaxe
de calidade. É un dos meus principios metodolóxicos básicos aínda que este ano
a situación actual esté a poñer máis difícil levalo a cabo dentro das aulas.
Estudiei Pedagoxía e o Grao en Mestra de Educación Infantil na USC. Tras completar a miña formación comecei a estudar as oposición pola especialidade de Pedagoxía Terapéutica. Grazas a isto fixen durante un curso académico substitucións en varios centros educativos impartindo docencia a distintas etapas educativas.
Tras aprobar o meu primeiro destino foi o IES Muralla Romana, este é o meu segundo curso. Imparto docencia a alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de ESO e a 1º de FPB.
Dende ben pequena decidín que a miña profesión estaría relacionada co contacto directo con persoas, especialmente con colectivos desfavorecidos. Comecei, por tanto, a formarme na atención á diversidade. Durante a miña formación colaborei con diferentes asociacións e centros como voluntaria impartindo clases de reforzo.
Teño interese en afondar os meus coñecementos sobre pautas e estratexias para a inclusión real de todo o alumnado dentro da aula ordinaria dun xeito máis práctico xa que, moitas veces coñecemos a teoría pero non o vemos reflectido na aula.
Participei en cursos durante o ano pasado tanto presenciais como a distancia. A miña experiencia foi bastante boa xa que me brindaron a oportunidade de coñecer outras realidades e experiencias expostas polos meus compañeiros e compañeiras de curso.
A miña competencia TIC é bastante básica, seguramente precise nalgún momento axuda para realizar algunhas tarefas.
Con respecto ao horario teño máis dispoñibilidade polas tardes.
Un saúdo!