Boas tardes.
Preséntome como Chus. Son unha rapaza principiante na docencia; para min este curso resulta novidoso pois fago a miña primeira substitución, pero son observadora e estou aprendendo moito.
Estudei Filoloxía Hispánica e logo o Mestrado de Profesorado na USC. Actualmente son profesora de Lingua Castelá en 1º da ESO - A, levo os reforzos/exentos de Francés de 1º ESO - A / B / C / D e máis imparto Lingua Castelá e Literatura II en 2º de BACH. Tamén me ocupo do Ámbito Lingüístico e Social en 2º de PMAR no cal, ademáis da miña especialidade, explico a Lingua Galega e Xeografía e Historia.
Combino o anterior coa preparación das oposicións e sempre intento sacar ocos libres para a lectura.
A nivel profesional non podo compartir experiencias persoais previas, polo que espero aprender e aportar ideas nesta formación.
O meu nivel de competencia TIC considero que é medio/alto pois teño capacidade para desenvolverme neste ámbito con certa facilidade.
Para esta actividade empregarei ocos libres, algunhas tardes e os fins de semana.
Un saúdo,
Chus López López