Bo día,
Son unha persoa activa, curiosa e con moitas inquietudes. Aínda que son profesora de Debuxo teño un perfil interdisciplinar; estudei Belas Artes, CC Empresariais, Inglés na Escola de Idiomas e actualmente son estudante de doutorado na USC.
Sempre teño un, ou mellor dito, varios proxectos entre mans e fago malabares para compaxinar docencia, formación, estudos e familia.
Imparto a materia de Plástica en 1º ESO A e B, 3º ESO A, B e PEMAR e 4º ESO (optativa con estudantes de A e B); tamén a materia de Debuxo Técnico en 1º e 2º BACH.
Teño experiencia en traballos por proxectos, desenvolvemento do talento e recentemente fun titora no curso de ensino mixto de secundaria, unha experiencia moi enriquecedora que penso me será moi útil para o momento actual.
Teño un nivel de competencia TIC alto e penso que neste tema podo votar unha man a quen o necesite.
Agora mesmo estou involucrada en varios proxectos e utilizarei ratos libres, algunha tarde e fins de semana para seguir as actividades desta formación.
Espero podamos atopar conexións que nos permitan ter oportunidade de colaborar.
Un saúdo,
Sonia González Varela