Lidos algúns dos comentarios dos meus compañeiros, estou dacordo con todas as bonanzas das impresoras 3D. Pódense facer proxectos incribles, non se me ocorrera o da casa de formigas!!! Encántame ter a oportunidade de recibir formación dende o CFR. Creo que as impresoras 3D van ter un papel moi importante no desenrrolo tecnolóxico dos vindeiros anos e que para os rapaces coñecelas e mesmo utilizalas nesta etapa da súa formación é unha grande vantaxa.
Nembargantes, gustaríame ser o que lle de ese contrapunto o tema, pero tanto o da impresora 3D coma o dos robots ou cortadora láser
- Trátase dun material moi caro e que precisa de mantemento
- O docente precisa formación específica (ou tempo) para saber empregalo, senón non ten sentido telo. De feito nalgún centro está na caixa.
- É un material que pode quedar obsoleto en pouco tempo como ocorreu con outras dotacións do eido da tecnoloxía.
- O seu emprego ocupa varias sesións e pode suponer non explicar ou recalcar conceptos moi necesarios ou básicos do currículo que pode supor un problema para o alumno no futuro.