Impresoras 3D e Biblioteca

Re: Impresoras 3D e Biblioteca

por Rosa Berea Montero -
Número de respostas: 0

Ola Carmen, 

Creo que a creación dun espazo "maker" nas bibliotecas pode converterse nunha ferramenta moi útil para que o profesorado comece a utilizar a impresora 3D, a explorar as súas posibilidades a nivel educativo e a familiarizarse coa ferramenta. Por outra banda a realización de proxectos interdisciplinares pode ser moi enriquecedora xa que se implicarían os diferentes departamentos, poderían participar membros de diferentes niveis educativos, traballaríase de maneira colaborativa e incluso poderían realizarse colaboracións intercentros. Mediante a participación neste tipo de proxectos, favorécese o pensamento crítico, a resolución de problemas e se fomenta a creatividade. Apréndese facendo, con todas a vantaxes que conleva.

Por outra banda, é previsible  que a impresión 3D sexa unha tecnoloxía coa que vamos a vivir de maneria cotiá nun futuro non moi lonxano, por iso é necesario achegar esta tecnoloxía  de xeito natural e desde a escola ao alumnado.