A robótica Cotián...

A robótica Cotián...

por José María Saíz Mata -
Número de respostas: 0

Cando empezas neste mundo da electrónica e da electricidade (falo de estas familias porque a automatización e a robótica están dentro do pai Electricidade e da nai Electrónica), é por dous cousas:

A primeira porque che flipan as chispas e o poder que ten ese algo que non se ve pero que fai moitas cousas (refírome a electricidade por suposto). Ou a segunda, queres construir cousas que che/lles fagan a vida moitísmo más sinxela a tí e o resto da xente (o final o que ocorría e que desmontabas todo o que che caía nas mans e sobran pezas por todas partes, e claro o final non funcionaba nada).

Mais unha vez cando maduras ves que a robótica (que non deixa de ser unha máquina eléctrica e electrónica automatizada), está moi presente no día a día da xente dende que se ergue ata que volve a cama, por exemplo: esas benditas duchas, que funcionan porque a caldeira de auga dalle por botar auga quente, ou ese ascensor que nos leva a aquel andar onde nos lle pedimos, as sirena dos cambios de clase que nunca falla, os sistemas de detección de presencia que acende as luces cando entramos nun pasillo, as portas automáticas do instituto que se abre ó noso paso, a roomba que limpia por nos, a thermomix que cocina por nos, os reproductores de vídeo e a tele que nos permite ver outros mundos e realidades alleas a nos, etc.

Para ir rematando podo falar tamén das aplicacións que ten a Robótica na educación (son reais a dia de hoxe e non teñen límites): poderíamos traballar dende as linguas (dicción, aprendizaxe lingas extranxeiras, conversacións, reforzo a alumnos con dificultades, etc...), ca axuda dun robot que segue a conversa (xa existe, como-: Cortana, Siri, etc.), a escritura (poderíamos programar un brazo robótico para que amose os alumnos como é a caligrafía dunha vogal, consoante ou mesmo dunha palabra; se imos as matemáticas podemos ter un robot que ademáis de axudarnos as lóxicas operacións matemáticas (para iso xa está a calculadora), nos axude a facer clasificacións de elementos, a ordear elementos nunha táboa, etc.; así mesmo ocorre con outras áreas esta listaxe nunca acabaría...

Eu persoalmente penso que a robótica non é o futuro, porque  xa está aquí, é presente, o futuro é o que os nosos alumnos imaxinen e soñen como fixeron os nosos antecesores ó soñar cos robots o século IV a d C.

Chema Saiz.