Boas noites a tod@s!!
A miña opinión é que o emprego da robótica educatica é fundamental para fomentar a innovación educativa no ámbito STEM.
Dende o punto de vista educativo para a materia de Tecnoloxía é unha das partes máis vistosas e motivadoras para traballar co alumnado na ESO, xa que fomenta a curiosidade e desperta no alumnado a creatividade. Isto potencia o interese pola materia, e estimula competencias clave como a de sentido de iniciativa e espíritu emprendedor entre outras.
Algo que se pode apreciar e diferenciar claramente e a simple vista no día a día na aula cando traballamos contidos máis teóricos ou máis prácticos poñendo a funcionar os robots (mBot Ranger) ou equipos similares.
Polo tanto considero a robótica non só como unha ferramenta educativa, senón que ao mesmo tempo é motivadora, enriquecedora e potenciadora para a propia materia de Tecnoloxía e para o desenvolvemento científico - tecnolóxico do noso alunmado, o futuro da nosa sociedade.
Un saúdo,
Iván Vázquez.