Boas a tod@s:
Primeiramente, comentar que estou desfrutando moito tanto dos contidos do curso como das actividades propostas. Parabéns tanto a José como a Marta.
Seguidamente, e xa que Marta falou da posibilidade de que o alumnado propuxera cursos, gustaríame que se ofertara algún curso de robótica no cal se fixeran as pezas coa impresora 3d. Quizais neste caso a nivel programación sería moito máis limitado, pero por outro lado aunaríamos disciplinas como deseño, electrónica, electricidade e mecánica.
Exemplos disto son os brazos robóticos ou o robot OTTO.
Saúdos.
Julián Rodríguez