Boas a tod@s,
Anoteime a este curso porque creo firmemente que o a robótica neste nivel é moi importante para os alumnos da FP Básica. Contempla ferramentas que lles axudan a adquirir conceptos tanto nos ámbitos como nos módulos técnicos.
A miña rama é a electrónica, este é o meu cuarto ano que imparto na FP Básica,e o terceiro como titor de primeiro durante todo o ano académico, polo que se teño algo de experiencia na docencia é neste tipo de alumnado. Soe ser un grupo moi diverso, con falta de atención, que non poden soportar máis de 10 minutos de atención continuada, cos que tes que intercalar nos 60 minutos de cada sesión diferentes tipos de actividades para que sigan traballando. Hai que ter en conta que deben de estar pendentes da realización de tarefas, xa que de non ser así, e debido as características do alumnado a clase pode ser ingobernable.
O mantemento electrónico está presente tamén neste tipo de equipamentos, e pode ser estudiado polo alumnado. O cálculo, a estructura secuencial da programación das tarefas e a propia electrónica tamén se fomenta con esta gran ferramenta. No meu módulo pode encaixar como unha tarefa de iniciación á programación na que seguro que lles chama a atención e lles pica a curiosidade, para máis adiante proseguir con tarefas co Arduino e asegurar o aprendido de circuitos electrónicos.
Saúdos!