Como non teño robot non podo mirar se funcionan os retos, pero no reto 2, que facemos entregamos a mellora ou entregamos a primeira parte?
Ola Tamara,
Na medida do posible entregade a segunda parte, xa que non deixa de ser unha mellora da primeira.
Un saúdo
Pareceume moi interesante o curso, onde se intercalan habilidades de construcción, creación de diferentes modelos de robots con novos aprendizaxes onde o alumnado debe preparar o seu robot para superar diferentes retos ou actividades que se propoñan, na actualidade os xoguetes máis apreciados son os que xa proporcionan todos os estímulos como os videoxogos, estamos a esquecernos de construir e de imaxinar o que queremos ver, como nas etapas máis temperas onde xogan con legos ou simplemente teñen que crear o camiño para percorrer con un coche, ou a vivienda dunha boneca, ou as súas propias cabañas, tamén introducimos nos colexios e nos institutos xoguetes, que están o seu alcance; gustoume coñecer este mundo que resultaba descoñecido e poder comprobar que existe unha programación sinxela o alcance de todas e de todos.
Espero poder poñelo en práctica no meu centro.