Boas a tod@s,
Aínda que a miña aportación parece que pode ser a a última, gustaríame compartir con todos vos unha aplicación que podería integrase dentro dun dos módulos formativos que imparto na FP de robótica e automatización induistrial.
O módulo de segundo curso do ciclo superior, trata da integración de tódolos sistemas vistos no ciclo para a realización dun proxecto. Na derradeira clase descubrimos varias páxinas con deseños de obxectos en 3D. NA páxina de thingiverse, atopei un par de maquetas, das que se poden imprimir as partes móviles e fixas estructuáis, e a continuación poder motorizar e automatizar, para a realización das prácticas propostas.
A aplicación práctica constaría da impresión das pezas para a realización de maquetas. Unha vez construída implentaríanse os actuadores (neumáticos, electricos...) así como os sensores, para mediante un autómata controlar o propio sistema. Deste xeito teríamos a posibilidade de sustitución das pezas que se poidan romper e posibles variacións e melloras do deseño inicial.
Os enlaces onde se poden ver as maquetas son son seguintes:
Sen máis, envíovos un saúdo a tod@s!
Nieves.