A impresora 3D no ámbito das Matemáticas

A impresora 3D no ámbito das Matemáticas

por Begoña Taboada Canda -
Número de respostas: 2

Ola a tod@s:

Resúltame moi útil o uso da impresora 3D na asignatura de Matemáticas,que é a miña especialidade, sobre todo á hora de crear figuras xeométricas como frisos e mosaicos no plano e tamén poliedros (tetraedros,hexaedros ou cubos, octaedros, dodecaedros e icosaedros). Outra proposta que faría cos meus alumnos sería a construción dun tangram.

Saúdos.

En resposta a Begoña Taboada Canda

Re: A impresora 3D no ámbito das Matemáticas

por Marta Coria -

Begoña,

Sen dúbida a xeometría dá moito "xogo" á hora do uso da impresora. Cres que se podería levar a cabo co alumnado algunha tarefa de deseño como fixéchedes o outro día?

En Educación Plástica ten tamén moita aplicación, eu me lembrei moito das miñas clases de debuxo no instituto, que diferentes eran ao que se pode facer hoxe en día!

En resposta a Marta Coria

Re: A impresora 3D no ámbito das Matemáticas

por Begoña Taboada Canda -

Poderíamos deseñar figuras en 3D como unha unión de varias ou intersección de varias, imprimiríamola e logo calcularíamos o seu volume utilizando escalas. A verdade, é que unha maneira totalmente diferente de utilizar a xeometría nas clases.