Wikis
Requisitos do completado
Emprego de wikis na biblioteca
Que é unha wiki
Definición de wiki na Galipedia:
O termo WikiWiki emprégase para identificar un tipo de documento de hipertexto utilizado na web, o programa usado nestes documentos e os sitios web construídos mediante eles. wiki wiki significa "rápido" en hawaiano. Chamado wiki para acurtar, o software colaborativo permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación. O meirande WikiWiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".
O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.
Características
- Facilita o traballo colaborativo, permitindo a varias persoas editar a páxina.
- Garda rexistro dos cambios. Pode voltarse facilmente ao estado da páxina en días ou meses anteriores e saber quen fizo os cambios.
- O importante é o contido. O deseño das wikis é espartano e moi parecido en todos os lugares que podemos usar para crealas.
- As labores de edición (engadir, modificar ou borrar texto, poñer vínculos...) son moi sinxelas.
Exemplos
- Wikibesgal: wiki das bibliotecas escolares galegas, con información sobre blogues e sitios das bibliotecas, trucos para Blogger, información sobre o programa Meiga, etc. O proxecto foi abandonado o ano 2007.
- HispaLegere: taller de lectura e escritura. Experiencia piloto de wiki para a animación á lectura dentro do proxecto FantasTIC.
- Bibliocppfelipe: wiki do CEIP Príncipa Felipe de Motril
- Biblioteca virtual de CRA San Isidro de Ciudad Real
- Wikialmeraya: O IES Almeraya utiliza unha wiki como páxina web do centro. O enlace leva ao espazo reservado para a biblioteca.
- Xogos de onte: alumnos de 5º e 6º de primaria fan unha recompilación de xogos que xogaban os seus avós.
- A voz dos romances: utilización dunha wiki como plataforma para coordinar a creación dun audiolibro colectivo cunha antoloxía de romances.
- FuentesNet: é unha revista escolar do Colexio Público Luis García Sainz de Fuentes de Ebro.
- Homenaxe ao poeta Ángel González
- Biblioteca 2.0 e +, proxecto do SEDIC para recoller información sobre as ferramentas web utilizadas na biblioteca. Abandonado no 2008.