Wikis

Sitio: CFR de Lugo
Curso: Obradoiro de TIC ao servizo da biblioteca escolar e ALFIN
Libro: Wikis
Impreso por: Usuario convidado
Data: luns, 2 de marzo de 2026, 3:11 AM

Descrición

Emprego de wikis na biblioteca

Que é unha wiki



Definición de wiki na Galipedia:

O termo WikiWiki emprégase para identificar un tipo de documento de hipertexto utilizado na web, o programa usado nestes documentos e os sitios web construídos mediante eles. wiki wiki significa "rápido" en hawaiano. Chamado wiki para acurtar, o software colaborativo permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo e permite que o contido non teña que ser revisado antes da súa publicación. O meirande WikiWiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.
O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".
O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.

Características

  • Facilita o traballo colaborativo, permitindo a varias persoas editar a páxina.
  • Garda rexistro dos cambios. Pode voltarse facilmente ao estado da páxina en días ou meses anteriores e saber quen fizo os cambios.
  • O importante é o contido. O deseño das wikis é espartano e moi parecido en todos os lugares que podemos usar para crealas.
  • As labores de edición (engadir, modificar ou borrar texto, poñer vínculos...) son moi sinxelas.
Na páxina Bibliowikis coméntase o uso dea wikis nas bibliotecas escolares propoñendo unha lista de materiais que pode conter e enlaces a varias wikis de bibliotecas.

Exemplos

  • Wikibesgal: wiki das bibliotecas escolares galegas, con información sobre blogues e sitios das bibliotecas, trucos para Blogger, información sobre o programa Meiga, etc. O proxecto foi abandonado o ano 2007.
  • HispaLegere: taller de lectura e escritura. Experiencia piloto de wiki para a animación á lectura dentro do proxecto FantasTIC.
  • Bibliocppfelipe: wiki do CEIP Príncipa Felipe de Motril
  • Biblioteca virtual de CRA San Isidro de Ciudad Real
  • Wikialmeraya: O IES Almeraya utiliza unha wiki como páxina web do centro. O enlace leva ao espazo reservado para a biblioteca.
  • Xogos de onte: alumnos de 5º e 6º de primaria fan unha recompilación de xogos que xogaban os seus avós.
  • A voz dos romances: utilización dunha wiki como plataforma para coordinar a creación dun audiolibro colectivo cunha antoloxía de romances.
  • FuentesNet: é unha revista escolar do Colexio Público Luis García Sainz de Fuentes de Ebro.
  • Homenaxe ao poeta Ángel González
  • Biblioteca 2.0 e +, proxecto do SEDIC para recoller información sobre as ferramentas web utilizadas na biblioteca. Abandonado no 2008.

Enciclopedias

Unha das principais aplicacións das wikis é a creación de enciclopedias.
  • Galipedia
  • Wikipedia. A Fundación Wikimedia ten outros proxectos como a Wikimedia Commons con contidos multimedia e a colección de citas Wikiquote. Todos eles están enlazados na páxina principal da Wikipedia.
  • Wikilibros. Libros de texto e manuais de contido libre e acceso gratuíto.
  • Wikisource. Textos originales de dominio público ou publicados con licencia GFDL ou Creative Commons.
  • Wikillerato: é unha enciclopedia mantida por Educared con textos das materias do bacharelato. Ten seccións de Historia e Historia da Arte moderadas por Mª Dolores Granja.
  • Wikiarquitectura
  • Wikiarte: enciclopedia sobre arte: pintura, arquitectura, literatura, cine, escultura, música, danza, fotografía.

Formas de utilizar a Galipedia na aula:
  • Como fonte de consulta. Aquí é importante evitar a tendencia a copiar e pegar. No traballo solicitado debemos procurar que haxa algunha transformación da información, ben sexa facendo preguntas concretas, pedindo un esquema ou unha presentación que se axuste a un guión... Na presentación Consellos prácticos para evitar o copy&paste dos alumnos ao utilizar internet podemos atopar máis ideas.
  • Creando ou modificando artigos. O alumnado do CEIP San Webalonso de Niebla fixeron os artigos sobre Zenobia Camprubi e o seu pobo.
  • Traducindo artigos da Wikipedia ao galego.
Exercicios
  1. Busca a túa localidade de nacemento na Galipedia e na Wikipedia.
  2. Crea unha conta na Galipedia.
  3. Entra na Zona de probas. Intenta modificar a páxina: cambiar o formato dun párrafo, engadir un enlace, colocar unha imaxe. En Como editar unha páxina tés unha axuda sobre as operacións de edición máis habituais.
  4. Mira a relación de artigos que toda Wikipedia debería ter. Elixe un e comproba a súa existencia nas wikipedias galega e castelán. Se hai máis contido na castelán intenta traducilo ao galego.

Ferramentas

En internet hai moitos programas para crear wikis e servizos onde crealas online. Na páxina WikiMatrix podes ver un listado moi completo, coa posibilidade de facer comparacións entre eles. Aquí solo vou poñer algúns dos máis utilizados:

Servizo Wiki para probas do curso
Wikispaces http://cursosociais.wikispaces.com/
Wetpaint http://cursosociais.wetpaint.com/
Wikia http://gl.cursosociais.wikia.com/
Nirewiki http://cursosociais.nirewiki.com/
Zoho http://cursosociais.wiki.zoho.com/

Programas que podemos instalar no ordenador para crear unha wiki, que logo podemos subir a calquera servizo de aloxamento web:
Wikispaces
Neste curso imos empregar Wikispaces para as prácticas. Para crear unha conta empeza cubrindo o formulario para educadores, que permite a supresión da publicidade. Esta conta permítenos crear as nosas wikis e solicitar permisos de edición en calquera das que hai en Wikispaces (os seus administradores son libres de admitirnos ou non).
En internet podes atopar manuais como os de Pedro Cuesta, Lourdes Barroso e Ángeles Araguz, os videotitoriais de Elías Fernández ou estes de Fulgencio Murcia.

Wikispaces



Apuntes en formato odt (1,6 Mb)