Proyecto "Sexo, luego existo". Departamento Orientación.CPI Ramón Piñeiro
...
1. Introducción e obxectivos
Xustificación-Introducción:
A puberdade é unha etapa fundamental no desenvolvemento das persoas. Nestes procesos de construcción vólvese preciso contar con información e apoios, que contribúan a ese desenvolvemento vital dunha maneira positiva e satisfactoria no eido da sexualidade, a convivencia e o uso das tecnoloxías ambas. O programa desenvolveuse ao redor de temas coma: a educación sexual, modelos de amor e de parella, e o uso das tecnoloxías nas relacións. O programa comparte os obxectivos do currículo de secundaria vixente para o alumnado da ESO e polo tanto é posible a súa intregración curricular.
Este proxecto realizouse co alumnado de 3º ESO ainda que de forma indirecta chegou a gran maioría da comunidade educativa.
Obxectivos:
- Axudar ao proceso de construcción da propia identidade.
- Adquirir coñecementos e habilidades para unha vivencia da súa sexualidade de forma satisfactoria e libre de riscos.
- Reflexionar sobre a visión social que existe da sexualidade, o amor e a parella.
- Fomentar o espírito crítico para favorecer a toma de decisión persoais de forma libre nos aspectos vinculados coa convivencia entre os sexos.
- Reflexionar sobre o uso das tecnoloxías na convivencia entre os sexos.
- Coñecer e saber facer uso do servixo de consultoría Quérote+.