Proyecto "Sexo, luego existo". Departamento Orientación.CPI Ramón Piñeiro
| Sitio: | CFR de Lugo |
| Curso: | L1606046 - Incluíndonos na ecuación do cambio. Emprender cara á educación do futuro |
| Libro: | Proyecto "Sexo, luego existo". Departamento Orientación.CPI Ramón Piñeiro |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 6 de marzo de 2026, 6:01 PM |
Descrición
...
1. Introducción e obxectivos
Xustificación-Introducción:
A puberdade é unha etapa fundamental no desenvolvemento das persoas. Nestes procesos de construcción vólvese preciso contar con información e apoios, que contribúan a ese desenvolvemento vital dunha maneira positiva e satisfactoria no eido da sexualidade, a convivencia e o uso das tecnoloxías ambas. O programa desenvolveuse ao redor de temas coma: a educación sexual, modelos de amor e de parella, e o uso das tecnoloxías nas relacións. O programa comparte os obxectivos do currículo de secundaria vixente para o alumnado da ESO e polo tanto é posible a súa intregración curricular.
Este proxecto realizouse co alumnado de 3º ESO ainda que de forma indirecta chegou a gran maioría da comunidade educativa.
Obxectivos:
- Axudar ao proceso de construcción da propia identidade.
- Adquirir coñecementos e habilidades para unha vivencia da súa sexualidade de forma satisfactoria e libre de riscos.
- Reflexionar sobre a visión social que existe da sexualidade, o amor e a parella.
- Fomentar o espírito crítico para favorecer a toma de decisión persoais de forma libre nos aspectos vinculados coa convivencia entre os sexos.
- Reflexionar sobre o uso das tecnoloxías na convivencia entre os sexos.
- Coñecer e saber facer uso do servixo de consultoría Quérote+.
2. Síntesis de accións e materiais elaborados
Contidos:
- Sexo. Sexualidade.
- Orientación e identidade sexual.
- O amor romántico.
- Concepción e anticoncepción
- Titoría entre iguais.
Actividades:
- Selección e deseño actividades titoría. (Principal recurso, fichas Quérote+, Libro: Educación sexual e emocional da secretaría xeral de igualdade).
- Colaboración cos departamentos didácticos para a incorporación de temas relacionados nas programacións didácticas. (O proxecto ten que traballar este aspecto para o próximo curso).
- Campaña de sensibilización: Video-spot para o centro sobre “Orientación e Identidade Sexual”. (Fixose o deseño, preguntas da entrevista para o traballador social do centro quérote, pero non se fixo aínda a entrevista e video-spot).
- Artículo para a revista do CPI.
- Tallence Challenge. Onde os alumnos e alumnas de 3ºESO mostraron como funcionan os recursos on line en internet e fixeron un Stand con tripticos informativos para toda a comunidade.
- Mentoring entre o alumnado. O alumnado de 3ºESO, fai unha actividade na aula de 2º ESO.

3. Integración curricular, resultados, propostas de continuidade e mellora
Resultados:
O proxecto foi integrado a través de tres tipos de actividades:
1- A nivel de centro con el Talent Challence.
2. A nivel de aula coa acción titorial
3 A nivel de aula coa integración curricular en Educación Plástica e Visual.
4. En actividades concretas por alumn@s: Redacción artículo entrevista del CPI e solicitude, deseño e redacción da entrevista para o profesional do Centro Quérote Lugo. En teste caso, non chegamos "de momento" a poder ir e gravar a entrevista con Xosé (traballador social de Quérote) por problemas de axenda do mesmo. Esperamos pronto poder facerla e que se poda visualizar no CPI, co obxecto de acercar ao noso centro a información de Quérote de primeira mano.
Estas actividades concretas do alumnado poderían integrarse curricularmente en materias coma: lingua galega, lingua castelá, bioloxía, etc... xa que comparten obxectivos e estándares.
Propostas de mellora:
Coa aplicación do proxecto de forma integral (integración curricular) rexistraríase unha disminución das condutas sexuais de risco, un entorno máis comprensivo e respetuoso con estudiantes LGBTI, rutas de atención frente ás violencias de xénero e hostigamento sexual e maior visibilización das mulleres e as minorías sexuais no centro educativo.