1. Recapitulación da formación

A formación "Incluíndonos na ecuación do cambio. Emprender cara a educación do futuro"  pretendeu formar un espazo para a innovación educativa en Lugo, ofrecendo ideas e ferramentas científicas e pedagóxicas que potencian o traballo colaborativo, as metodoloxías activas e o desenvolvemento do talento persoal e colectivo tanto do alumnado como do profesorado, así como dar a motivación e mentoring necesarios para a súa implementación nos centros. 

Nesta formación participaron 4 centros diferentes da provincia de Lugo que ao longo de todo o curso mantiveron unha actividade de cooperación moi intensa a nivel de formación do profesorado e de traballo de grupo. 

Dende a coordinación propúxose intercalar e relacionar as diferentes actividades de formación coas sesións de traballo de grupo, xerándo un fluxo de traballo adeucado para a innovación e a mellora. Deste xeito a través da reflexión detectamos diferentes  necesidades do noso contexto, recibimos a formación adecuada para mellorar as nosas habilidades e tomamos a iniciativa para melonar os nosos centros.

Desglosando este esquema de fluxo de traballo podemos visualizar os temas e contidos tratados en cada bloque ao longo do curso:

Se considerámos a relación entre os bloques da formación e as competencias docentes podemos facer a seguinte valoración:

O resultado do traballo elaborado queda reflexado a través de de dous tipos de materiais que máis adiante detallaremos:

1- Material deseñado e maquetado polo profesorado da formación resultado dun proceso de investigación para a súa utilización na posta en marcha de diferentes actuación e proxectos nas nosas escolas.

2. Compendio de proxectos levados a cabo nos nosos centros.

Á hora de implementar na aula os marcos e ferramentas pedagóxicas principais estudiadas, Modelo Enriquecemento Escolar (SEM) e Cultura de Pensamento, establecéronse uns obxectivos e uns procedementos comúns para: 

- Establecer conexións co currículo oficial e as competencias clave.

- Planificar os proxectos para a súa integración curricular.

- Facer un seguimento dos alumnos e determinar o seu nivel de adquisición das competencias clave.

- Calcular os coeficientes competenciais dos proxectos e valorar a súa contribución ao perfil de área e aos perfiles competenciais. 

No seguinte apartado realizamos unha síntesis e unha valoración dos proxectos elaborados en cada centro.