Memoria, valoración de resultados e síntesis de proxectos
| Sitio: | CFR de Lugo |
| Curso: | L1606046 - Incluíndonos na ecuación do cambio. Emprender cara á educación do futuro |
| Libro: | Memoria, valoración de resultados e síntesis de proxectos |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | martes, 10 de marzo de 2026, 11:08 PM |
Descrición

1. Recapitulación da formación
A formación "Incluíndonos na ecuación do cambio. Emprender cara a educación do futuro" pretendeu formar un espazo para a innovación educativa en Lugo, ofrecendo ideas e ferramentas científicas e pedagóxicas que potencian o traballo colaborativo, as metodoloxías activas e o desenvolvemento do talento persoal e colectivo tanto do alumnado como do profesorado, así como dar a motivación e mentoring necesarios para a súa implementación nos centros.
Nesta formación participaron 4 centros diferentes da provincia de Lugo que ao longo de todo o curso mantiveron unha actividade de cooperación moi intensa a nivel de formación do profesorado e de traballo de grupo.
Dende a coordinación propúxose intercalar e relacionar as diferentes actividades de formación coas sesións de traballo de grupo, xerándo un fluxo de traballo adeucado para a innovación e a mellora. Deste xeito a través da reflexión detectamos diferentes necesidades do noso contexto, recibimos a formación adecuada para mellorar as nosas habilidades e tomamos a iniciativa para melonar os nosos centros.

Desglosando este esquema de fluxo de traballo podemos visualizar os temas e contidos tratados en cada bloque ao longo do curso:

Se considerámos a relación entre os bloques da formación e as competencias docentes podemos facer a seguinte valoración:



O resultado do traballo elaborado queda reflexado a través de de dous tipos de materiais que máis adiante detallaremos:
1- Material deseñado e maquetado polo profesorado da formación resultado dun proceso de investigación para a súa utilización na posta en marcha de diferentes actuación e proxectos nas nosas escolas.
2. Compendio de proxectos levados a cabo nos nosos centros.
Á hora de implementar na aula os marcos e ferramentas pedagóxicas principais estudiadas, Modelo Enriquecemento Escolar (SEM) e Cultura de Pensamento, establecéronse uns obxectivos e uns procedementos comúns para:
- Establecer conexións co currículo oficial e as competencias clave.
- Planificar os proxectos para a súa integración curricular.
- Facer un seguimento dos alumnos e determinar o seu nivel de adquisición das competencias clave.
- Calcular os coeficientes competenciais dos proxectos e valorar a súa contribución ao perfil de área e aos perfiles competenciais.
No seguinte apartado realizamos unha síntesis e unha valoración dos proxectos elaborados en cada centro.
2. Síntesis e valoración de resultados por centros
CPI Ramón Piñeiro
Síntesis
A formación neste centro da continuidade ás accións iniciadas a través de Talento 3.0 e Piteas, desenvolvendo algunhas actividades iniciadas con anterioridade e creando novos proxectos e ideas.
Os 4 membros deste centro que formamos parte da formación (Carmen Somoza, Marcos Ventura, Laura Parro e Sonia González) establecemos un equipo de traballo cooperativo base que extender no centro o traballo iniciado nas sesións de formación. Tendo en conta os nosos intereses e inquietudes establecemos inicialmente catro eixos de actuación para os nosos obxectivos:
- Establecer e implementar unha visión e marco pedagóxico basado na Cultura de Pensamiento e o Modelo de Enriquecimento SEM.
- Desenvolver e potenciar a educación emocional.
- Desenvolver e fomentar o uso das TAC
- Establecer unha estratexia de comunicación cara o centro, familias e comunidade.
Elaboramos o seguinte cadro de planificación de obxectivos e sub-obxectivos e relación coas diferentes actuacións e proxectos.
Planificamos e levamos á práctica numerosas intervencións e proxectos na aula e no centro, priorizando aquelas máis enriquecedoras que supuxeron unha cooperación interdisciplinar, a diferentes niveis educativos e de carácter mixto, conectado diferentes departamentos e órganos, como o departamento de orientación, biblioteca, familias, comunidade educativa, etc.
1 - Proxectos mixtos, interdisciplinais e interniveis
- Out of Eden Learn
- Talent Challenge
- XX=XY
- Sexo, luego existo
- Talent Fest
- Profesores Honoríficos
- Contacontos
2 - Proxectos específicos
- #FotoConClase
- Mi corazón
- Libros de texturas
- Proxectos desenvolvidos na tutoría de 2º EP.
Valoración de resultados
Debemos ter en conta o punto de partida dos profesores membros da formación neste centro. Sonia González Varela, coordinadora da formación, desenvolve dende fai 4 anos un Modelo de Enriquecemento Esocolar e Cultura de Pensamento, participando nas actividades de Talento 3.0 e Piteas, entre outras. Carmen Somoza tamén viña desenvolvendo un traballo de aula basado no ABP. Considerando este punto de partida e que algunhas das actuacións implicaron a maioría da comunidade educativa, o impacto da formación no noso centro podemos decir que foi considerable.
Basándonos no cadro de planificación de obxectivos e proxectos podemos ver na seguinte gráfica o número de actuacións planificadas, tendo en conta os membros participantes e o público ao que están dirixidas.

Para a realización de todos os proxectos foi necesaria unha estreita cooperación entre os membros do equipo base ao longo de todo o curso escolar, e puidemos desenvolver e levar á práctica estratéxias innovadoras e avanzadas de integración curricular dos proxectos nas nosas respectivas áreas de actuación. Tamén foi necesaria a complicidade e apoio de outros profesores e membros do centro que facilitaron a nosa labor.
Algúnhas das ideas propostas inicialmente aínda non se remataron e outras non foron posibles. No caso concreto do proxecto Talent Fest non se puido levar a cabo na data prevista, mediados de marzo, quedando a espera de que se resolvan alghunas incidencias, facilitación do equipo directivo do material que grabamos durante o evento Talent Challenge. O proxecto Talent Space pretendía adaptar un aula multiusos que facilitara o traballo cooperativo e o traballo por competencias, propósito que o equipo directivo non autorizou.
A línea directiva do noso centro defende un concepto de escola tradicional, basada nunha orde estricta e nunha xarárquia férrea. En xeral a implicación do equipo directivo nas actividades da formación foi escasa ou nula. Dende o equipo directivo de primaria facilitouse o desenvolvemento das actividades, mentres que o equipo directivo en secundaria e o director mostraron o seu rechazo e desacordo ante as activadades desenvolvidas, poñendo incluso algunhas trabas, por exemplo limitáronse os movementos e autonomía dos alumnos e se limitou o uso de espazos como a aula de informática.
O proceso de actualización que as nosas escolas están vivindo para adaptarse ao marco lexislativo, nacional e europeo, a integración das competencias clave no noso sistema escolar e o desenvolvemento de metodoloxías activas, supón un reto a superar nas nosas escolas. Vivimos un momento de cambio crucial que tarde o temprá todos debemos afrontar, pouco a pouco e a través da formación adecuada, a comunidade escolar debe abordar os temas cruciais da escola do noso tempo.
Debemos ter en conta que xa dende os anos 90 estáse a pautar a implementación dunha educación de calidade basada na aprendizaxe significativa e nas competencias. A lexislación, así coma os documentos básicos do centro, deben ser documentos vivos que realmente reflictan a realidade educativa e sirvan de guía. Para conseguir os obxectivos educativos comúns, os docentes, os equipos directivos e a comunidade en xeral debe cooperar, facilitar o traballo interdisciplinar, potenciar as habilidades transversais e buscar a integración e sustentación teórica e xustificación das nosas actuacións.
Proxectos, competencias clave e o departamento de orientación
La acción tutorial permanente, o el primer nivel de orientación en un centro educativo, es DETERMINANTE, porque desarrolla competencias asociadas a la regulación de los aprendizajes, el desarrollo emocional y las habilidades sociales. No olvidemos que la acción tutorial no es sólo la hora de tutoría en la ESO, es un continuun inherente a la educación y que forma parte de todos los docentes, no sólo del tutor designado. (Artículo 91 de la LOMCE).
El trabajo por proyectos de forma interdisciplinar se consigue eliminar las barreras de las materias “encapsuladas” y establecer una conexión entre ellas. Fomenta también el trabajo en equipo entre profesorado que es sumamente enriquecedor.
En esta metodología el aprendizaje de conocimientos tiene el mismo peso que el aprendizaje de habilidades y actitudes, en realidad va más allá pues se trabaja por competencias. La labor del departamento de orientación será la de apoyo y dinamización al equipo docente como un profesor más dentro del equipo, y el de planificación y diseño de actividades que ayuden a la consecución de los objetivos de la orientación educativa, es decir, el desarrollo integral del alumnado. Será principal también en la inclusión del alumnado NEAE.
La planificación de actividades complementarias y extraescolares desde orientación también va reforzar y complementar todas las competencias.
Se trata de trabajar de forma preventiva, planificada, sistematizada, integrada en el currículum (es decir objetivos de orientación en las materias) con un claro objetivo de desarrollo integral del alumnado.
Este modelo de intervención se complementa con la consulta colaborativa donde profesor y orientador trabajan conjuntamente y en equipo buscando soluciones a los problemas emergentes que se presentan, y evidentemente ante los que son ya planificados.
Como señala BISQUERRA (1998), en el proceso de implantación de un programa de Orientación hay que tener en cuenta una serie de condiciones que pueden ser facilitadoras.
Destacamos
-
Compromiso del Equipo Directivo del centro con los programas de orientación.
-
Voluntad y compromiso entre el Profesorado para invertir tiempos y esfuerzos en la planificación y ejecución de programas y actividades.
-
Necesidad de conocimientos mínimos por parte del profesorado sobre técnicas y materiales para la realización de los programas de orientación.
-
Suficientes recursos en el DO y el centro para la planificación y ejecución.
Indice de intervencións e colaboracións do resto do profesorado do CPI Ramón Piñeiro nas actividades da formación
Agradecemos a todos os membros da nosa comunidade que colaboraron co seu tempo e esforzo nas actividades da formación:
◦ Profesores de EI:
◦ Clara Vazquez: Facilitación de materiais e colaboración en exposición de libros elaborados por alumnos de Secundaria.
◦ Sonia Torres:
-
- Facilitación de materiais e colaboración en exposición de libros elaborados por alumnos de Secundaria
- Flexibilización horarios para proxecto "Out of Eden".
◦ Marisa:
-
- Facilitación de materiais e colaboración en exposición de libros elaborados por alumnos de Secundaria.
- Flexibilización horarios para proxecto "Out of Eden".
◦ Profesores EP:
◦ Rita Castedo: Participación Talent Challenge.
◦ Suso: Participación Talent Challenge.
◦ Mirta: Colaboración exposición libros elaborados por alumnos de Secundaria.
◦ Profesores de ESO:
◦ Julián Pallares (Inglés):
◦ Creación e revisión de textos.
◦ Traballo con alumnos dende a súa materia e aula.
◦ Materiais elaborados por alumnos valorados na avaliación da materia Inglés.
◦ Jose Antonio Dominguez (Tecnoloxía):
◦ Colaboración para a construcción do mural-taboeiro "Global Competence"
◦ Aportación de materiais e ferramentas de traballo.
◦ Traballo con alumnos dende a súa materia e aula.
◦ Facilitación do traballo do departamento de orientación cos alumnos.
◦ Participación no proxecto “Profesores honoríficos”
◦ Soledad Torres (Lingua Galega):
◦ Revisión e creación de textos.
◦ Traballo con alumnos dende a súa materia e aula.
◦ Facilitación do traballo do departamento de orientación cos alumnos.
◦ Participación proxecto Contacontos
◦ Jorge Rodriguez (Tutor 2º ESO): Traballo e colaboración co departamento de orientación (Proxecto XX=XY).
◦ Belén Quindós (Tutora 3º ESO): Traballo e colaboración co departamento de orientación (Proxecto XX=XY).
◦ Carmelo Cabello (Francés):
◦ Participación Talent Challenge e proposta dunha actividade e un stand con alumnos de Cultura Clásica, 4º ESO.
◦ Participación proxecto Contacontos
◦ Participación na visita ao Museo Interactivo da Historia de Lugo e participación na sesión de realidade virtual.
◦ Paco Seoane (Matemáticas):
◦ Participación Talent Challenge.
◦ Facilitación xeral do traballo dos alumnos para o desenvolvemento dos proxectos.
◦ Miguel Flores (Matemáticas):
◦ Participación Talent Challenge.
◦ Facilitación xeral do traballo dos alumnos para o desenvolvemento dos proxectos.
◦ Angeles Pereira (Relixión): Facilitación de espazos e recursos.
◦ Pilar (Ciencias Naturais): Participación no proxecto “Profesores honoríficos”
◦ Manuela Vila (Ciencias Sociais): Participación no proxecto “Profesores honoríficos”
◦ Membros departamento orientación:
◦ Concepción Brao:
◦ Participación Talent Challenge.
◦ Deseño e realización de actividades (proxecto XX=XY).
◦ Victor Rodriguez:
◦ Participación Talent Challenge.
◦ Participación na sesión de formación de Betina Represas.
◦ Montserrat Castro :
◦ Participación Talent Challenge.
◦ Participación na sesión de formación de Betina Represas.
◦ Biblioteca escolar (Soledad Torres) :
◦ Incorporación de libros elaborados por alumnos aos fondos da biblioteca escolar (Proxecto Libros de texturas)
◦ Colaboración co departamento de orientación na selección de bibliografía relacionada coas competencias traballadas dende orientación.
◦ Proxecto Contacontos
◦ Conserxe, Javier Capón:
◦ Montaxe e colocación de mural-taboeiro "Global Competence".
◦ Facilitación de materiais e apoio loxístico para a difusión de documentación.
◦ Incorporación de contidos e materiais personais a mapa mundi “Global Competence”.
◦ Membros cociña, Lidia: Facilitación de materiais de reciclaxe.
◦ Administrativa, Yolanda Sánchez: Facilitación de materiai de reciclaxe e apoio loxístico para a difusión de documentación.
Colexio Plurilingüe San José- FEC
Síntesis e valoración de resultados.
O colexio San Xosé participou na nosa formación con dúas profesoras, Mar Fernández e Marta Carballo, outros membros desta escola, así como o equipo directivo, participaron activamente nas actividades da formación e no traballo do grupo.
Levaron a cabo unha boa integración e adecuación dos contidos e marcos teóricos da formación a súa realidade educativa, adaptando e enriquecendo os procesos existentes.
Desenvolveron o proxecto "Corpus Christi: para nós, máis ca unha tradición", proxecto que continua actualmente e continuará no vindeiro curso escolar 2017-18.
Colexio CPR Cervantes
Síntesis e valoración de resultados.
O colexio Cervantes participou na nosa formación con dous membros, Ángeles Flores e Gonzalo Castro, director do centro.
Esta formación supuxo no centro un paso máis no proceso de mellora e innovación da escola. A implicación directa da dirección na formación supón unha vantaxe no establecemento de obxectivos comúns e de establecemento dunha visión educativa acorde ao SXXI.
Desenvolveron o proxecto "Sentimos".
Colexio CEIP Paradela
Síntesis e valoración de resultados.
A participación do colexio de Paradela na nosa formación materializouse a través da participación de Marisela Gutiérrez.
Desenvolveu o proxecto "As emocións".
O director do centro mostrou interese e curiosidade polas actividades desenvolvidas e colaborou no seu desenvolvemento.
3. Valoración avaliación final formación, propostas de mellora e continuidade.
Valoración avaliación final
Tendo en conta a situación inicial o grao de satisfacción coa profesión en xeral, a relación cos compañeros e cos alumnos, co marco educativo e cos medios e recursos, mellorou.
Tendo en conta a situación inicial as competencias docentes han mellorado ou mellorado moito, o grao de experiencia con medios tecnolóxicos e dixitais mellorou e a formación en innovación educativa mellorou e mellorou moito.
Tamén melloraron as habilidades docentes respecto a NSAE con dificultades de aprendizaxe, altas capacidades e outros.
O apartado mellor valorado polos membros da formación fai referencia ao impacto da formación nos membros e en nos alumnos, considerando que a formación axudou muito ao desenvolvemento persoal e profesional dos membros, e ao desenvolvemento académico, persoal e emocional dos alumnos.
Nunha escala de 0 a 10 a maioria cree que a formación contribuiu ao desenvolvemento do talento, habilidades e capacidades persoais e colectivas do alumnado no seu grao máximo, 10. A maioria tamén cree que a formación contribuiu ao desenvolvemento do talento, habilidades e capacidades persoais e colectivas do profesorado nunha media de 9.
A consecución dos obxectivos da formación así como o grao de satisfacción coas sesións de traballo e as sesións de docencia a maioría valorao no seu grao máximo, 10.
Algunhas das observacións e suxerencias persoais foron:
"Me parece importante señalar que en esta formación he aprendido, me he divertido y he participado en actividades que estimulan la creatividad. Por lo tanto, me parece una formación muy completa ya que teoría y práctica caminan de la mano junto al teatro, el arte y la música. Y el tiempo nos pasó volando."
"Muy a gusto con el grupo, influye en la formación. repito seguro.Un placer compartir experiencias con vosotros."
"Amplialo para o próximo curso"
Propostas de mellora e continuidade
Podemos valorar que a formación se desenvolveu satisfactoriamente e con éxito. Destacando a boa convivencia do grupo e as boas relacións creadas entre os participantes, factor imprescindible para a eficiencia e productividade do grupo.
As relacións do grupo con Marta Arias, persoa de referencia e apoio no CFR Lugo, tamén foron excelentes. Marta participou activamente en todas as actividades da formación, prestou axuda e información e guiou ao grupo convenientemente. Os medios e recursos á nosa disposición por parte do CFR tamén foron adecuados e dispuxemos deles no momento que se necesitaron.
A adaptación da labor docente ao traballo por competencias e a súa avaliación transcende o traballo de aula, afectando ás estructuras, espazos e procedementos comúns do centro. O proceso de trasformación pode partir dun axente individual e pouco a pouco, a través dunha correcta estratexia de comunicación, outros axentes iniciarán o proceso de cambio. Inevitablemente é un proceso que na súa expansión chega a atoparse resistencias, circunstancia habitual nos procesos de innovación. Neses momentos é trascendental o aval da inspección educativa, para guiar, solventar contratempos e favorecer renovacións e nomeamentos acordes ás esixencias da realidade educativa. Tamén é trascendental o apoio do CFR, para ofrecer a formación oportuna e apropiada.
Preparar aos nosos estudiantes para que participen plenamente nas demandas dunha sociedade contemporánea marcada por cambios económicos, culturais, ambientais e tecnolóxicos; require a nosa actuación urxente, se non queremos que as desigualdades empobrezan as súas vidas e leven ao declive da nosa terra.
Os centros participantes nesta formación, cada un dende o seu punto de partida, incluíronse na ecuación do cambio e emprenderon, ou enriqueceron, o seu propio camiño cara a educación do futuro, diría máis, a educación que xa debía ser e que urxe para o noso presente.
Dado o interés mostrado polos membros do seminario por continuar a formación, acordamos valorar as diferentes posibilidades de continuidade en setembro do vindeiro curso.
Sonia González Varela
