1. Introducción y objetivos

Proxecto coordinado por Laura Parro de la Fuente dende o Departamento de Orientación.

Introducción e xustificación do noso proxecto.

Nos últimos anos estamos experimentando un aumento no conoñecemento da violencia contra as mulleres nas súas relacións de parella. As reformas legais, as medidas adoptadas, e o “boom mediático”  existente fan que este fenómeno sexa máis coñecido na rúa, no ámbito académico, nas conversacións cotiás.  Os últimos estudos detectaron que o acoso e a vixilancia a través das novas tecnoloxías e as mensaxes de móbil están a aumentar entre os mozos. E que o sexismo e os estereotipos de xénero perviven entre os adolescentes.

No noso centro somos conscientes desta necesidade e queremos loitar para lograr a igualdade de xénero no ámbito educativo. Por iso o noso proxecto XX=XY trata de previr a violencia de xénero na poboación adolescente a través da sensibilización en igualdade de dereitos de ambos os sexos, a reflexión sobre as falsas crenzas que sustentan o concepto de amor, a potenciación de habilidades de resolución pacífica dos conflitos nas relacións de parella e a capacitación para detectar e identificar calquera tipo de malos tratos.

Obxectivos.

1.            Concienciar ao alumnado das súas ideas conceptuais sobre a violencia de xénero, os tipos de violencia e as consecuencias sociais e persoais da mesma.

2.            Analizar o sexismo e machismo nos medios de comunicación e a tecnoloxía audiovisual próxima ao alumnado.

3.            Identificar as primeiras manifestacións machistas que se presentan nas relacións de parella de adolescentes e que adoitan pasar desapercibidas: os celos, o control en redes sociais ou as agresións verbais, así como coñecer as bases dunha relación de parella saudable.

4.            Analizar e construír colectivamente valores acordes coa non violencia e a resolución de conflitos.

Connosco: 

O noso fin é articular tres eixos de traballo interrelacionados e que con eles facemos que o proceso de ensino-aprendizaxe deste programa sexa máis efectivo. Como o faremos? A través da integración deste programa nas áreas de forma interdisciplinar, a acción titorial e as actividades complementarias que nos axudan a enriquecer as nosas actuacións e conseguir os obxectivos. Ademais é un proxecto dirixido a todos os axentes educativos do centro, con actividades formativas para profesorado e familias.