Proyecto XX=XY. Departamento Orientación. CPI Ramón Piñeiro
| Sitio: | CFR de Lugo |
| Curso: | L1606046 - Incluíndonos na ecuación do cambio. Emprender cara á educación do futuro |
| Libro: | Proyecto XX=XY. Departamento Orientación. CPI Ramón Piñeiro |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | venres, 6 de marzo de 2026, 5:25 PM |
Descrición
...
1. Introducción y objetivos
Proxecto coordinado por Laura Parro de la Fuente dende o Departamento de Orientación.

Introducción e xustificación do noso proxecto.
Nos últimos anos estamos experimentando un aumento no conoñecemento da violencia contra as mulleres nas súas relacións de parella. As reformas legais, as medidas adoptadas, e o “boom mediático” existente fan que este fenómeno sexa máis coñecido na rúa, no ámbito académico, nas conversacións cotiás. Os últimos estudos detectaron que o acoso e a vixilancia a través das novas tecnoloxías e as mensaxes de móbil están a aumentar entre os mozos. E que o sexismo e os estereotipos de xénero perviven entre os adolescentes.
No noso centro somos conscientes desta necesidade e queremos loitar para lograr a igualdade de xénero no ámbito educativo. Por iso o noso proxecto XX=XY trata de previr a violencia de xénero na poboación adolescente a través da sensibilización en igualdade de dereitos de ambos os sexos, a reflexión sobre as falsas crenzas que sustentan o concepto de amor, a potenciación de habilidades de resolución pacífica dos conflitos nas relacións de parella e a capacitación para detectar e identificar calquera tipo de malos tratos.
Obxectivos.
1. Concienciar ao alumnado das súas ideas conceptuais sobre a violencia de xénero, os tipos de violencia e as consecuencias sociais e persoais da mesma.
2. Analizar o sexismo e machismo nos medios de comunicación e a tecnoloxía audiovisual próxima ao alumnado.
3. Identificar as primeiras manifestacións machistas que se presentan nas relacións de parella de adolescentes e que adoitan pasar desapercibidas: os celos, o control en redes sociais ou as agresións verbais, así como coñecer as bases dunha relación de parella saudable.
4. Analizar e construír colectivamente valores acordes coa non violencia e a resolución de conflitos.
Connosco:
O noso fin é articular tres eixos de traballo interrelacionados e que con eles facemos que o proceso de ensino-aprendizaxe deste programa sexa máis efectivo. Como o faremos? A través da integración deste programa nas áreas de forma interdisciplinar, a acción titorial e as actividades complementarias que nos axudan a enriquecer as nosas actuacións e conseguir os obxectivos. Ademais é un proxecto dirixido a todos os axentes educativos do centro, con actividades formativas para profesorado e familias.
2. Integración curricular de proyecto
Metodoloxía e técnicas:
Activa e participativa, buscando o cambio actitudinal a través da reflexión crítica. Trátase de sensibilizar e formar aos alumnos e alumnas e o resto da comunidade educativa. As técnicas serán dinámicas de grupo, role-playing, utilizando recursos motivadores, audiovisuais e tecnolóxicos cos que os alumnos e alumnas adoitan relacionarse e son centro do seu interese.
Integración curricular do proxecto
O proxecto foi integrado de forma curricular nas materias de Valores e Educación Plástica e visual. Pódese ver o traballo realizado pola profesora Sonia González Varela nos seguintes dous puntos.

2.1. Integración curricular Educación Plástica, Visual y Audiovisual 4ºESO

2.2. Integración en Educación Plástica, Visual y Audiovisual 3º ESO

2.3. Integración curricular Valores Éticos 1º ESO

3. Síntesis de acciones y material elaborado
- Actividades complementación das actividades coa acción titorial na que se traballallou co modelo: emoción-pensamento-conduta. Recurso: Cartas de Amor.
- A dinamización da biblioteca de aula sobre a igualdade de xénero. Recurso: Árbores da igualdade.
- Recursos en liña para profesores a través do email. "Audiovisualiza".
- A formación e organización dun grupo de alumnas mediadoras de Amor saudable (profesoras honoríficas) que foi formado por alumnas de 2º ESO. Ademais elas realizan unha formación voluntaria e mentoring con outros grupos do centro, son tamén un grupo de apoio. A formación deberá continuar no seguinte curso académico e facer un seguimento.
- Taller Violencia de Xénero no novo contexto dixital. Pantallas Amigas.
- Exposición “ A Violencia de xénero dille que NON” Rutina de pensamento.
- Charla do CIM (Centro Información Muller) e do CRIM (Centro de Recuperación da Muller). Secretaría xeral de igualdade.
- Charla Unidade violencia de xénero da Policía Autonómica de Lugo que ensinounos cómo funciona de primeira man.
- Charla da Garda Civil, dentro do Plan Director. Tivemos connosco a unidade de violencia de xénero que contounos casos de adolescentes da provincia.
- "Los cuentos que nos cantan" Análisis de medios audiovisuales machistas,
- Muro de pensamentos "Thinking" no que integrouse a toda comunidade educativa: familias, profesorado, alumnado, persoal non docente.
Máis recursos:
- Unidade didáctica Fios violeta. Convivir en igualdade.
- Libro do mal de amor. Haikus contra a violencia de xénero.
Os dous da Secretaría Xeral de Igualdade.
Recopilación dos recursos e orientaHubs en: www.orientainnova.net





4. Resultados y propuestas de mejora y continuidad

Avaliación
Avaliación Inicial: a través dun test elaborado polo departamento de orientación do centro co obxectivo de coñecer os coñecementos previos dos alumnos e alumnas.
Levouse a cabo unha avaliación continua e coordinada entre os distintos profesionais implicados no mesmo co obxectivo de reorientar a práctica educativa segundo as necesidades que vaian xurdindo. Finalmente realizarase unha avaliación final en xuño mediante un cuestionario elaborado para tal fin, co que se comprobará a efectividade do programa.
Criterios:
- Grao de consecución dos obxectivos.
- Nivel de participación do centro educativo
- Nivel de satisfacción dos implicados
Resultados e propostas de mellora.
O traballo realizado con Sonia Gonzalez Varela foi magnífico xa que grazas a ela o proxecto de orientación INTEGROUSE de forma satisfactoria a través das materias que imparte. É posible e ademáis é moi enriquecedor. O traballo en equipo con Sonia foi "esencial" e constructivo. Desde o Departamento de Orientación estamos con moitas máis gañas de facer cousas con profesorado que ten ilusión, formación e son motor de cambio e calidade no centro. Agora queda continuar este traballo conseguindo integrar en máis materias.