Wikis
Requisitos do completado
Emprego de wikis na biblioteca
Enciclopedias
Unha das principais aplicacións das wikis é a creación de enciclopedias.
Formas de utilizar a Galipedia na aula:
- Galipedia
- Wikipedia. A Fundación Wikimedia ten outros proxectos como a Wikimedia Commons con contidos multimedia e a colección de citas Wikiquote. Todos eles están enlazados na páxina principal da Wikipedia.
- Wikilibros. Libros de texto e manuais de contido libre e acceso gratuíto.
- Wikisource. Textos originales de dominio público ou publicados con licencia GFDL ou Creative Commons.
- Wikillerato: é unha enciclopedia mantida por Educared con textos das materias do bacharelato. Ten seccións de Historia e Historia da Arte moderadas por Mª Dolores Granja.
- Wikiarquitectura
- Wikiarte: enciclopedia sobre arte: pintura, arquitectura, literatura, cine, escultura, música, danza, fotografía.
Galipedia
View more presentations from rahico.
Formas de utilizar a Galipedia na aula:
- Como fonte de consulta. Aquí é importante evitar a tendencia a copiar e pegar. No traballo solicitado debemos procurar que haxa algunha transformación da información, ben sexa facendo preguntas concretas, pedindo un esquema ou unha presentación que se axuste a un guión... Na presentación Consellos prácticos para evitar o copy&paste dos alumnos ao utilizar internet podemos atopar máis ideas.
- Creando ou modificando artigos. O alumnado do CEIP San Webalonso de Niebla fixeron os artigos sobre Zenobia Camprubi e o seu pobo.
- Traducindo artigos da Wikipedia ao galego.
- Busca a túa localidade de nacemento na Galipedia e na Wikipedia.
- Crea unha conta na Galipedia.
- Entra na Zona de probas. Intenta modificar a páxina: cambiar o formato dun párrafo, engadir un enlace, colocar unha imaxe. En Como editar unha páxina tés unha axuda sobre as operacións de edición máis habituais.
- Mira a relación de artigos que toda Wikipedia debería ter. Elixe un e comproba a súa existencia nas wikipedias galega e castelán. Se hai máis contido na castelán intenta traducilo ao galego.
