3. Valoración avaliación final formación, propostas de mellora e continuidade.

Valoración avaliación final 

Tendo en conta a situación inicial o grao de satisfacción coa profesión en xeral, a relación cos compañeros e cos alumnos, co marco educativo e cos medios e recursos, mellorou. 

Tendo en conta a situación inicial as competencias docentes han mellorado ou mellorado moito, o grao de experiencia con medios tecnolóxicos e dixitais mellorou e a formación en innovación educativa mellorou e mellorou moito. 

Tamén melloraron as habilidades docentes respecto a NSAE con dificultades de aprendizaxe, altas capacidades e outros. 

O apartado mellor valorado polos membros da formación fai referencia ao impacto da formación nos membros e en nos alumnos, considerando que a formación axudou muito ao desenvolvemento persoal e profesional dos membros, e ao desenvolvemento académico, persoal e emocional dos alumnos. 

Nunha escala de 0 a 10 a maioria cree que a formación contribuiu ao desenvolvemento do talento, habilidades e capacidades persoais e colectivas do alumnado no seu grao máximo, 10. A maioria tamén cree que a formación contribuiu ao desenvolvemento do talento, habilidades e capacidades persoais e colectivas do profesorado nunha media de 9.

A consecución dos obxectivos da formación así como o grao de satisfacción coas sesións de traballo e as sesións de docencia a maioría valorao no seu grao máximo, 10. 

Algunhas das observacións e suxerencias persoais foron:

"Me parece importante señalar que en esta formación he aprendido, me he divertido y he participado en actividades que estimulan la creatividad. Por lo tanto, me parece una formación muy completa ya que teoría y práctica caminan de la mano junto al teatro, el arte y la música. Y el tiempo nos pasó volando."

"Muy a gusto con el grupo, influye en la formación. repito seguro.Un placer compartir experiencias con vosotros."

"Amplialo para o próximo curso"

Propostas de mellora e continuidade

Podemos valorar que a formación se desenvolveu satisfactoriamente e con éxito. Destacando a boa convivencia do grupo e as boas relacións creadas entre os participantes, factor imprescindible para a eficiencia e productividade do grupo.

As relacións do grupo con Marta Arias, persoa de referencia e apoio no CFR Lugo, tamén foron excelentes. Marta participou activamente en todas as actividades da formación, prestou axuda e información e guiou ao grupo convenientemente. Os medios e recursos á nosa disposición por parte do CFR tamén foron adecuados e dispuxemos deles no momento que se necesitaron.

A adaptación da labor docente ao traballo por competencias e a súa avaliación transcende o traballo de aula, afectando ás estructuras, espazos e procedementos comúns do centro. O proceso de trasformación pode partir dun axente individual e pouco a pouco, a través dunha correcta estratexia de comunicación, outros axentes iniciarán o proceso de cambio. Inevitablemente é un proceso que na súa expansión chega a atoparse resistencias, circunstancia habitual nos procesos de innovación. Neses momentos é trascendental o aval da inspección educativa, para guiar, solventar contratempos e favorecer renovacións e nomeamentos acordes ás esixencias da realidade educativa. Tamén é trascendental o apoio do CFR, para ofrecer a formación oportuna e apropiada.

Preparar aos nosos estudiantes para que participen plenamente nas demandas dunha sociedade contemporánea marcada por cambios económicos, culturais, ambientais e tecnolóxicos; require a nosa actuación urxente, se non queremos que as desigualdades empobrezan as súas vidas e leven ao declive da nosa terra.

Os centros participantes nesta formación, cada un dende o seu punto de partida, incluíronse na ecuación do cambio e emprenderon, ou enriqueceron, o seu propio camiño cara a educación do futuro, diría máis, a educación que xa debía ser e que urxe para o noso presente.  

Dado o interés mostrado polos membros do seminario por continuar a formación, acordamos valorar as diferentes posibilidades de continuidade en setembro do vindeiro curso.

Sonia González Varela