Section outline

  • Sesións técnicas.

    Ana Medina e Eva Meijide

    • TRABALLANDO CO EDI NA AULA, METODOLOXÍAS PARA SACAR PROVEITO DA INTERACTIVIDADE DE EDI

    • Alternar o modo pizarra co modo escritorio. Alternar o modo pizarra co modo escritorio é quizá a funcionalidade máis importante do software de Open Sankoré xa que no modo escritorio podemos acceder a Internet e aos nosos documentos coa posibilidade de debuxar, resaltar, copiar e escribir sobre eles. No pequeno titorial que tes a continuación ensinámosche a facelo.

    • Agregar imaxes á biblioteca. Podemos agregar imaxes á biblioteca para traballar con elas no EDI ou para incorporalas a diversas actividades interactivas

    • Asociar imaxes cunha frase. Trátase dunha actividad interactiva para asociar imaxes cunha frase ou pregunta

    • Cuestionarios no EDI. Podemos crear rapidamente cuestionarios de resposta múltiple para que os nosos alumnos respondan as preguntas que lles expoñamos

    • EDI: engadir accións a obxectos. É unha das funcións máis interesantes do EDI, no titorial podes ver como se fai.

    • Traballar con presentacións. Unha das grandes vantaxes que presenta o EDI é a posibilidade de traballar con presentacións e poder escribir e debuxar sobre elas

    • Animacións no EDI. Podemos traballar sobre a ANIMACIÓN nuha Web ou podemos abrila no EDI.

    • Exportar e importar. Unha das opcións máis importantes do software de Open Sankoré é a posibilidade de exportar as sesións e importalas noutro computador o que permite, por exemplo, preparar a clase no noso computador particular, exportar a unha memoria USB ou disco virtual e importala  ao computador do colexio para utilizala en clase.

    • DÚBIDAS EXPOSTAS POLOS ASISTENTES AO CURSO

    • Gravar o que sucede no EDI. Open Sankoré permite gravar en formato de vídeo o que sucede na pizarra dixital..., se o instalamos en Windows, pero esta opción non está dispoñible en Linux. Preguntarei na UAC se poden activar esta función. No titorial, podes ver os pasos en Windows.

    • Configuración de audio en computadores de aulas kit. En resposta ás peticións dalgúns compañeiros, no titorial que adxunto podedes ver a configuración de audio para que se escoite a través dos altofalantes do EDI. Esta configuración é válida para vídeos e para os libros dixitais de Oxford e Burlington

    • O QUE FIXEMOS O 3 DE MAIO NO EDI

    • Sesión do 24 de maio. Podes descargar os arquivos da sesión no formato de Open Sankoré (.ubz) e en PDF. Dende o formato ubz podes importalo ao computador no que teñas o software de Open Sankoré e abrilo no EDI. Nota: as frechas e marcas só coincidirán se o abres no EDI do centro coa mesma resolución de pantalla.