Open Sankoré. Software para o manexo do EDI que está instalado nos ordenadores kit e nas aula Abalar. É software libre e podes descargalo e instalalo no teu computador o que che permitirá traballar con el e adquirir seguridade no seu manexo.
Descarga e instala no teu computador o software Multiclass. Nos ordenadores kit tamén está instalado o software Multiclass, poida que sexa máis completo que Sankoré aínda que ten o inconveniente de que non está instalado nas aulas Abalar. descárgao e próbao, despois utiliza o que se adapte mellor ás túas necesidades.
Mapas conceptuais, duas alternativas a FreeMind. A primeira permite crear mapas conceptuais online e exportalos, o seu manexo é moi sinxelo, adxunto dirección Web e un pequeno titorial. A segunda opción é, na miña opinión, a mellor ferramenta para mapas conceptuais, trátase de CmapTools, programa gratuíto do que tamén adxunto páxina de descarga e ligazón a un vídeotitorial.
Descarga The Gimp. Programa para o tratamento e retoque de imaxes instalado nos ordenadores kit. No noso traballo utilizamos imaxes que ás veces temos que retocar, por exemplo, para eliminar texto, The Gimp permite facelo. Trátase de software libre que podemos descargar e instalar no noso computador.
Outras opcións para o tratamento de imaxes: Paint. Está instalado en Windows e permite unha edición básica. Nos ordenadores kit está instalada unha versión: MyPaint.
Moodle. Non é a única opción pero quizá é o complemento ideal para o EDI, en Moodle podemos ter ordenados os nosos apuntamentos, ligazóns, imaxes, etc. Desde a ligazón podes acceder a un curso de Moodle para 1º de ESO, accede como convidado, pedirache unha clave, teclea kit.
Discos virtuais. Podemos gardar os nosos documentos, imaxes e ligazóns, para utilizar despois no EDI, nunha memoria USB. Outra opción son os discos virtuais, propoñémosche tres. OneDrive é o disco virtual de Microsoft, permite compartir e editar documentos con versións online de Word, PowerPoint, etc. Os tres teñen aplicacións para móbiles e tabletas.
LibreOffice. Suite de ofimática similar á de Microsoft pero trátase de software libre. É a suite instalada nos ordenadores kit e abalar e tamén podes descargala ao teu computador.