TRABALLANDO CO EDI NA AULA, METODOLOXÍAS PARA SACAR PROVEITO DA INTERACTIVIDADE DE EDI
Alternar o modo pizarra co modo escritorio. Alternar o modo pizarra co modo escritorio é quizá a funcionalidade máis importante do software de Open Sankoré xa que no modo escritorio podemos acceder a Internet e aos nosos documentos coa posibilidade de debuxar, resaltar, copiar e escribir sobre eles. No pequeno titorial que tes a continuación ensinámosche a facelo.
Agregar imaxes á biblioteca. Podemos agregar imaxes á biblioteca para traballar con elas no EDI ou para incorporalas a diversas actividades interactivas
Traballar con presentacións. Unha das grandes vantaxes que presenta o EDI é a posibilidade de traballar con presentacións e poder escribir e debuxar sobre elas
Exportar e importar. Unha das opcións máis importantes do software de Open Sankoré é a posibilidade de exportar as sesións e importalas noutro computador o que permite, por exemplo, preparar a clase no noso computador particular, exportar a unha memoria USB ou disco virtual e importala ao computador do colexio para utilizala en clase.
Gravar o que sucede no EDI. Open Sankoré permite gravar en formato de vídeo o que sucede na pizarra dixital..., se o instalamos en Windows, pero esta opción non está dispoñible en Linux. Preguntarei na UAC se poden activar esta función. No titorial, podes ver os pasos en Windows.
Configuración de audio en computadores de aulas kit. En resposta ás peticións dalgúns compañeiros, no titorial que adxunto podedes ver a configuración de audio para que se escoite a través dos altofalantes do EDI. Esta configuración é válida para vídeos e para os libros dixitais de Oxford e Burlington
Sesión do 24 de maio. Podes descargar os arquivos da sesión no formato de Open Sankoré (.ubz) e en PDF. Dende o formato ubz podes importalo ao computador no que teñas o software de Open Sankoré e abrilo no EDI. Nota: as frechas e marcas só coincidirán se o abres no EDI do centro coa mesma resolución de pantalla.