Restaurar unha copia de seguranza dun curso Moodle permite recuperar ou mover a outra plataforma Moodle o curso gardado nesa copia de seguridade.
A ter en conta!
- Como profesores, precisamos dispor dun curso Moodle para poder levar a cabo a restauración dun curso.
- O curso dende o que levamos a cabo a restauración pode estar vació ou cheo. En caso de que esté cheo e restauremos outro curso enriba del pode facerse combinando o contido dos dous, ou eliminando primeiro o contido do curso en que estamos antes de restaurar os contidos da copia de seguranza.
Para levar a cabo a restauración da copia de seguranza dun curso temos que entrar na pantalla de xestión das copias de seguranza dende administración do curso, premendo Restaurar. Nesta pantalla escollemos a copia de seguranza a restaurar. Se non está nesa listaxe, teremos que subir o arquivo da copia á plataforma, arrastrándoo ou premendo "Escolla un ficheiro". Logo prememos Restaurar
1.- Confirmamos que é a copia correcta, comprobando o resumo da copia que amosa o Moodle:
2.- Escollemos ónde restaurar a copia e temos varias opcións:
- No curso no que estamos ou nun curso existente: podemos escoller eliminar os contidos do curso actual antes de restaurar a copia, ou combinar os contidos cós do curso restaurado. Neste caso hai que ter en conta que vai combinar o tema1 do curso existente có tema1 do curso restaurado, misturando os contidos.
- Nun curso novo, neste caso non hai problema. O curso restaurado vai aparecer como foi gardado.
3.- Podemos escoller qué restaurar do curso, dentre os contidos da copia:
4.- Escoller, de cada tema do curso, o que queremos restaurar:
5.- Facemos a revisión do escollido anteriormente:
6.- Fai a restauración e amosa a mensaxe de completa se remata sen problemas:
|
|
|
|