A importación permite a reutilización de recursos entre cursos. Podemos importar datos, recursos ou actividades dun curso noutro.
Hai que ter en conta que a importación respeta a ubicación dos recursos importados, así, se temos unha actividade no primeiro tema e a importamos, aparecerá no primeiro tema do curso dende o que se realiza a importación.
Para importar datos, recursos ou actividades dun curso, dende o bloque de administración do curso prememos Importar, e iniciamos o proceso:
1.- Escollemos o curso que contén os contidos que queremos importar:
2.- Escollemos qué restaurar do curso, dentre os seus contidos:
3.- Logo aparecen os temas cós seus contidos, e podemos escoller polo miúdo, qué queremos importar de cada un:
4.- Facemos a revisión do escollido anteriormente:
5.- Fai a importación e amosa a mensaxe de completa se remata sen problemas:
Aquí está o resultado da importación do exemplo. Lembrade que se importaron só contidos do primeiro tema do curso HTML5-CSS3 e tamén o seu banco de preguntas (contén so 1 pregunta):