Estou totalmente dacordo coa idea que se pretende transmitir co discurso desta rapaza, algo tan común na actualidade que mesmo pensamos que iso "é o normal", e todo o que non entra nas ideas transmitidas polas imaxes dos medios de comunicación, son "raras" ou inaceptadas. O fin destas campañas é chegar ás persoas máis vulnerables para facerse un oco na sociedade, sen posibilidade de pensamento crítico sobre o que nos están a vender.
Dende a miña opinión, debería transmitirse poder formarse como un ser e dar unha imaxe sendo partícipe dunha sociedade, moi lonxe dos estereotipos formados e consolidados nas nosas vidas. Isto debería ensinarse dende a escola, e facer un seguemento cando menos durante as etapas de educación obrigatoria, para asegurar que o pensamento crítico sigue "en formación".
Se intentamos facer unha "barreira" e unha total negación cara as actuais campañas de publicidade existentes, quizáis sexamos capaces de considerar como normal que o home é alguén que fai cousas, e a muller é o ser que o acompaña. Algo moi complicado, pero non imposible de facer, xa que os medios de comunicación soen acompañar estas ideas con frases moi motivadoras que fan que teñan moita repercusión na sociedade.
É o caso dunha campaña publicitaria moi famosa na actualidade dun supermercado, onde nos di que "ser galego mola", pero tamén nos recorda que as "Carmiñas" son as que fan as filloas (típico papel da muller como ama de casa e que ten que cociñar ben), e que os "Tonchos" ou os "Lulos" son os que teñen que ir a traballar fóra da casa (fan mellor o pan por ser homes, ou van mariscar; non sei que pensarán as mariscadoras de Arousa ou as percebeiras da Costa da Morte). Algo moi típico, pero de novo con mensaxes que non son para nada o reflexo da sociedade actual, pero que se tenta transmitir e a idea está ahí.
Por último, facer fincapé nunha frase que escoitei nunha ocasión onde me afirmaban que: "cando algo é gratis, quere dicir que a mercancía somos nós". As imaxes que nos están a transmitir son gratis cando as estamos a ver, pero si podemos decidir se as queremos aceptar ou rexeitar. Ahí está o noso traballo na sociedade, en borrar o considerado como "normal" e ser capaces de rexeitar o que se nos está a transmitir traballando sobre a "liberdade de expresión" real, non baixo ideas impostas.